O Club de Prensa de Ferrol otorgou os premios de fotoxornalismo 2025

Premio a Sandra Alonso pola súa foto «Lluvia»

A foto de Sandra Alonso, “Lluvia” , publicada no xornal La Voz de Galicia de Santiago o 27 de xaneiro de 2025, obtivo o Premio de Fotoxornalismo “Foto do Ano de Galicia en Foco ” que outorga o Club de Prensa de Ferrol e que acada a súa 35ª edición. A foto premiada foi valorada polo xurado “por capturar unha instantánea que pola súa orixinalidade e sinxeleza podería ilustrar o día a día dos galegos nos duros invernos da nosa terra” polo que é merecente de ser elexida como Foto do Ano de Galicia en Foco 2025

Premio a Iñaki Abella pola súa serie «Volver»

A Serie de Iñaki AbellaVolver “, publicada no xornal Faro de Vigo, o 19 de Maio de 2025, obtivo o Premio de Fotoxornalismo “Serie do Ano de Galicia en Foco 2025” que outorga o Club de Prensa de Ferrol na súa 35ª edición , e que foi valorada polo xurado “Por representar unha nova oportunidade económica vinculada ao mar, reflectida nunha serie de imaxes que exemplifican a labor diaria do fotoxornalismo local e a súa capacidade para ilustrar en apenas un feixe de imaxes a forma de vida dos seus veciños”.

Triatlón en Ferrol, de Kiko Delgado

O xurado quere tamén destacar a gran calidade das instantáneas e series presentadas nesta edición 35 do concurso Galicia en Foco, e facer mención á beleza e orixinalidade da instantánea do “Triatlón de Ferrol” do fotógrafo Kiko Delgado.

Os Premios “Foto do Ano” de Galicia en Foco, e “Serie do Ano” de Galicia en Foco constan cada un deles, dunha figura de Sargadelos que fora especialmente deseñada por Isaac Díaz Pardo para este certame, e unha dotación económica de 750 euros..

O Xurado da XXXV Edición de Galicia en Foco estivo constituido por Rodrigo Ramos Ardá, Gala Santalla Quintana, Lucas Rey Seoane e Xulia Díaz Sixto, actuando como secretario, con voz pero sin voto, Xoán Rubia Alejos.

Lea también

Exponav acoge la exposición «300 Años de Construcción Naval en la Ría de Ferrol”

Se inaugura el 6 de octubre con dos nuevas maquetas, una del antiguo astillero de …