Tres alumnas do Campus Industrial de Ferrol participan, ao longo desta semana, nun Erasmus+ BIP sobre finanzas persoais sostibles en Lituania

As catro alumnas e a profesora e a profesora  Begoña Álvarez, en Lituania

Tres alumnas do grao en Xestión Industrial da Moda, titulación que se imparte na Facultade de Humanidades e Documentación do Campus Industrial de Ferrol, Jimena Antón Moreno, Nuria Yáñez  Raso e Silvia Iglesias Araujo: e unha estudante do grao en Economía, pertencente á Facultade de Economía e Empresa, Sara Castro Quintás, situada no Campus da Coruña, participan, ao longo desta semana, no Programa Intensivo Combinado (BIP) “Finanzas Persoais Sostibles” que coordina a Vitautas Magnus University (Lituania).

Xunto a estas catro estudantes da Universidade da Coruña (España) participa tamén alumnado da University of Silesia in Katowice (Polonia), da Internacional Burch University (Bosnia Herzegobina), da Saarland University (Alemaña), da Hogeschool Utrecht (Países Baixos), da Gál Ferenc University (Hungría), da Alexandru Ioan Cuza University (Romanía) e máis da South-West University “Neofit Rilski” (Bulgaria).

Os programas Erasmus+ BIPs inclúen unha aprendizaxe baseada en desafíos onde os equipos transnacionais de estudantes traballan de forma conxunta para abordar unha serie de retos ou proxectos, neste caso concreto, centrados na elaboración de presupostos respectuosos co medio ambiente, o investimento sostible, a xestión da débeda e o consumo ético baixo a titorización, no caso das catro alumnas da Universidade da Coruña (UDC), do
profesor da Facultade de Humanidades e Documentación, Joaquín Enríquez, e da profesora da Facultade de Economía e Empresa, Begoña Álvarez.

Co apoio do profesorado das universidades participantes, os alumnos e alumnas traballan en equipo de forma colaborativa, combinando un período de traballo en liña xunto cun período de traballo presencial no que todo o
estudantado se traslada ao país da universidade que coordina para unha mobilidade curta, normalmente dunha semana de duración.

Lea también

O Campus Industrial de Ferrol acolle unha nova edición do curso sobre xestión de residuos industriais

A Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF) e o Centro de Tratamento de Residuos …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *