Juan Gabriel Fernández con Energy conquista a proba raíña do Concurso de Saltos Territorial de As Pontes Ecuestre

A emoción da competición ecuestre regresaba ao lago co CST, o Campionato Galego de Andadura, o Torneo de Horseball e a II edición da Liga Ferrol-Eume-Ortegal.
 
Fuente Concello de As Pontes
Juan Gabriel Fernández con Energy conquistaba a proba raíña do Concurso de Saltos Territorial de As Pontes Ecuestre, a de 1.0 m, namentres que Patricia Alonso con Abigail JGF e Karla Guimarei con AGR Bertín acompañaban ao xinete no podio tras unha emocionantísima competición coa que se clausuraba a cuarta edición do certame.
 
Fuente Concello de As Pontes
Tamén pola tarde se celebraba a proba de 0.80 m, na que Lía Couce con Pichona III lograba a primeira posición; Mariana Beceiro tamén con Pichona III, a segunda, e Noa Martínez con Richi, a terceira praza. O alcalde e presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, presidía a entrega de trofeos, xunto á presidenta do Club Hípico Prado Ventura, Natividad González Laso, e o presidente da Federación Hípica Galega, Federico Pérez Lago.
 
O certame celebrábase durante toda a xornada, dedicando a mañá ao Campionato Galego de Andadura e máis ás probas menores do Concurso Territorial de Salto. Ademais, o lago das Pontes convertíase nunha das tres sedes da II Liga Ferrol-Eume-Ortegal, e os deportistas do Club local Prado Ventura, do ferrolán Equo Alalma e do ortegano Granxa do Souto buscaban a mellor clasificación para puntuar na competición.
 
Fuente Concello de As Pontes
O horseball regresaba ao evento cun espectacular torneo contra o mediodía protagonizado por diferentes equipos do Club Hípico La Muralla coa idea de dar visibilidade a esta disciplina, e quen sabe, se xerar afición no territorio. Ao seu remate, tiña lugar a entrega dos premios nas probas menores e máis en andadura coa presenza do deputado provincial de Deportes, Antonio Leira, e máis da concelleira de Deportes e Turismo, Elena López Seco, así como a presidenta do club.
 
Estes foron os resultados na proba de andadura do Campionato Galego: Potros Serrada: Víctor Manuel Fernández con Mesi, David Fraga con Baiuca e Óscar Castro con Pluto.
 
Sub16: Lola Martínez con Zapatero, Sara Suárez con Mauri e Mayra Gonçálves con First de VillabonChapeada de menos de 1.50: Miguel Ángel Blanco con Ícaro RF, Uxía Ferreiro con Bus e Marcos Maseda con Nancy. Chapeada de máis de 1.50: Óscar Castro con Goya, Adrián González con Caudillo e Javier Gómez con Auba de Gel. Serrada de menos de 1.50: Óscar Castro con Springhill Bilzer, Jaime Carro con Mauro e Eloy Montero con Lotus.
 
Serrada de máis de 1.50: Víctor Manuel Fernández con Well Cuz, Alejandro Pico con Enzo e Rebeca Bermúdez con Wellfield Roco
 
Fuente Concello de As Pontes
Ademais, tamén se entregaron os trofeos do CST das probas 0.30 e 0.50 m, sendo estes os premiados: 0.30: Manuel Dopico con Brumoso; Sofía Bouza con Papaya do Souto; Judith con Dosimedio BF; Mónica Ameneiro con Brumoso; Noemí Fraga con Tequila JC; Sheila Gato con Dosimedio BF; Candela Bouza con Pupas, e Simón Couce con Brumoso.
 
0.50: Leire Ferradás con Valente; Xiana San Millán con Carí; Ánxela Barcia con Carí; Julia Pérez con Valente (4) e Uxúe Hermida con Daniel do Xistral (5)
 
Durante os descansos do certame, a organización tamén brindou a oportunidade a nenos e nenas de participar en bautismos hípicos de balde cos que poder ter ese primeiro contacto co cabalo a través dun circuíto con vistas ao lago.  Nesta liña, a IV edición de “As Pontes Ecuestre” pechábase coas expectativas cumpridas ofrecendo un magnífico espectáculo ecuestre, e converténdose de novo en escaparate da vila.
 
Fuente Concello de As Pontes
Organizado polo Club Hípico Prado Ventura, o evento contou de novo co apoio do Concello pontés e da Federación Hípica Galega, así como co patrocinio da Deputación da Coruña a través da II Liga Ferrol-Eume-Ortegal. Ao respecto, a presidenta do club, Natividad González Laso, agradecía a colaboración institucional, vital para facer realidade o certame, e como non, a resposta do público, que garanten a continuidade dun certame xa consolidado.

Lea también

Ferrol ampliará el carril bici entre Doniños y San Xurxo con una inversión cercana a los 80.000 euros

El Concello de Ferrol ha dado un nuevo paso en su apuesta por la movilidad …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *