A formación, que conta coa colaboración de COFER, desenvolverase do 6 ao 9 de xullo e está dirixida a traballadores por conta allea, autónomos e persoas desempregadas.
A Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) e a Confederación de Empresarios da Coruña (CEC), coa colaboración da Confederación de Empresarios de Ferrolterra, Eume e Ortegal (COFER), poñerán en marcha o curso “Manexo seguro de carretas elevadoras. Norma UNE”, unha acción formativa gratuíta destinada a mellorar a cualificación profesional e a seguridade laboral dos seus participantes.
O curso desenvolverase entre os días 6 e 9 de xullo, cunha duración total de 24 horas e un horario de 09.00 a 15.00 horas. A actividade contará con 18 prazas e está dirixida a persoas traballadoras por conta allea, propia e desempregadas, tendo preferencia os empregados das empresas asociadas a COFER.
A formación combinará unha parte teórica e outra práctica. A sesión correspondente ao día 6 de xullo terá lugar nas instalacións de COFER, situadas en Punta Arnela, s/n, Edificio de Usos Múltiples, 2o andar, en Ferrol. Pola súa banda, as xornadas dos días 7, 8 e 9 de xullo impartiranse nas instalacións de GAM, no Polígono Vilar do Colo, rúa Pipela, 3, en Cabanas.
Ao longo das 24 horas de formación, os asistentes adquirirán coñecementos sobre os riscos asociados ao uso das carretas elevadoras, a normativa vixente, os sistemas de seguridade, as condicións do posto de traballo e as operacións habituais de manexo, completando a aprendizaxe con prácticas de condución e utilización destes equipos conforme aos requisitos establecidos pola norma UNE.
A inscrición é gratuíta e as prazas son limitadas. As persoas interesadas deberán remitir cuberto o impreso de participación ao enderezo electrónico formacion@cofer.es. No caso de resultar seleccionadas, deberán presentar o documento orixinal o primeiro día do curso.
Para obter máis información e formalizar a inscrición, as persoas interesadas poden contactar co teléfono 981 333 305 ou consultar a información dispoñible na páxina web de COFER.
Galicia Ártabra Digital Noticias de Ferrol y la comarca de Ferrolterra.
