Inscricións no campamento lúdico-deportivo no CMI de Fene

Este martes 9 de xuño abre o o prazo de solicitude de cita previa para formalizar a inscrición no campamento lúdico deportivo que se desenvolverá nas instalacións do CMI Unidade de Fene, do 3 ao 14 de agosto. Organizado pola Concellería de Deportes de Fene, o campus vai dirixido a nenas e nenos nados entre o 2014 e o 2021 e o número de prazas é limitado, 30 en total.

Á hora de anotarse a esta actividade, terán preferencia os rapaces empadroados ou escolarizados en Fene ao longo do curso escolar 2025-26. Así, os días 9, 10 e 11 de xuño, de 9.30 a 14.30 horas colleranse citas previas (no teléfono 981 340 366) para matricular aos rapaces empadronados ou escolarizados en Fene e, no caso de que queden prazas libres, o día 12 de xuño poderán solicitar cita previa no mesmo horario as familias de nenos doutros concellos.

Unha mesma persoa só poderá anotar aos nenos da unidade familiar e/ou a maiores a outro neno/a fóra da unidade familiar. No momento de efectuar a matrículación, a documentación que haberá que presentar é: volante de empadroamento  ou xustificante de estar escolarizados en Fene durante o curso 2025-2026.

O horario xeral do campamento lúdico-deportivo será de 10:00 a 14:00 horas, aínda que se anuncia tamén un servizo de madrugadores (polo que os/as participantes poderán entrar a partir das 9:00 horas e saír de 14:00 a 14:30 horas.)

O primeiro día do campamento lúdico-deportivo, quince minutos antes do comezo da actividade, haberá unha xuntanza do monitorado coas familias para explicar o funcionamento e normas do programa. Unha vez seleccionados e comezado o campamento, os participantes deberán asistir con roupa cómoda e deportiva, bañador x aposto da casa, unha muda de roupa interior, toalla, chanclas, gorra, manguitos xa preparados na casa (no caso de precísalos), merenda e auga.  

O penúltimo día de campus,  o 13 de agosto, terá lugar a noite de acampada, unha pernocta voluntaria que inclúe a cea do día 13 e o almorzo do día 14. Nesta velada os participantes realizarán xogos nocturnos, contarán  historias de campamento e divertiranse xunto cos compañeiros e compañeiras de aventura.

A cota de inscrición para o campamento lúdico-deportivo ascende a 28,20€ por neno/a (só campamento) e a 22,56€ a partir do segundo membro da unidade familiar empadorado/a en Fene. No caso de precisar o servizo de madrugadores, a cota ascenderá a 34,45€ por neno/a e a 22,56€ a partir do 2º membro da unidade familiar empadorado/a en Fene. Tamen se contemplan reduccións do 50% das tarifas (ou mesmo do 100%) no caso de familias con escasa capacidade económica, nos termos previstos no artigo número 4 da Ordenanza Fiscal número 2 do Concello de Fene.  

Lea también

Valdoviño lanza convocatoria para la contratación de 32 socorristas y un coordinador

Las personas interesadas en participar en el proceso pueden presentar solicitud a partir de este …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *