Cedeira acolle un concerto de Anxo Araujo o 23 de xuño

Cedeira é un dos 13 concellos da provincia que vai acoller un dos concertos da Festa da Música, o programa impulsado pola Deputación Provincial da Coruña para conmemorar o Día Europeo da Música.

A praza de Floreal acolle a cita

 A praza de Floreal acolle a cita, que será o martes 23 de xuño a partir das 21.00 horas e que terá como protagonista a Anxo Araujo, unha das figuras emerxentes no panorama pop e indie galego.

Anxo Araujo ten tres traballos discográficos no mercado. “Plan de urbanismo para un novo couto mixto” é o orixinal título do primeiro, que viu a luz en 2021; seguiuno “Aprender a bailar”, en 2024, considerado pola crítica especializada como un dos mellores discos galegos dos últimos anos, cun estilo luminoso e indie pop cuxo son ten sido comparado co de bandas internacionais como Vampire Weekend ou Crystal Fighters.

O pasado ano sacou un EP con dous temas, “Viva a costa alentexana”, no que volve apostar polo seu pop de ritmos latinos de corte elegante e íntimo.

O concerto será ao aire libre e de balde para todo o público que queira asistir. Coa Festa da Música, a Deputación da Coruña aposta pola creación musical galega e pola descentralización da oferta cultural.

Lea también

Jornada de puertas abiertas en la Biblioteca Naval de Ferrol, «la cultura también se navega»

Este viernes día 23 de octubre, con motivo de la celebración del Día Internacional de …