Sansa e Narahío xogan a volta da primeira eliminatoria do ascenso a Primeira Futga

Ao Narahío, que visita ao Agrón-Barcala en Negreira, chégalle unha victoria pola mínima, mentres que o Sansa, que recibe ao Baio,  precisa ganar por dous goles de diferenza para superar a derrota por 2-1 no encontro de ida.

Este domingo todo o foco da actualidade local estará posto no deporte. Pola mañá se celebra a carreira popular, na que participan cerca de 350 deportistas desde Peques a Máster 3, mentres que pola tarde volverá ser o fútbol quen atraia toda a atención.

O CF San Sadurniño e a UDC Narahío disputan os seus respectivos partidos de volta da primeira eliminatoria do play-off de ascenso a Primeira Futgal. O Narahío irá a Negreira xogar ás 18:00 horas contra o Agrón-Barcala CF -o club pon bus, con reserva de asento a 5€ por persoa no 699 228 227-, mentres que o CF San Sadurniño recibe á mesma hora na Piscina ao CD Baio. Unha xornada histórica na que ambos equipos precisan do máximo apoio de toda a afección.

Ambos equipos precisan gañar, para pasar á seguinte e definitiva eliminatoria que sería un apaixoante derbi local a dous partidos.

Quen o ten máis doado, en principio, é o Narahío. O pasado domingo empatou 1-1 na Veiga contra o Agrón-Barcala, de xeito que con ganar pola mínima no partido de volta xa tería garantido o pase. Un requisito asequible que, porén, bate co atranco de xogar fóra da casa e da posible influencia do factor campo.

Por iso, e para compensar, desde a Unión Deportiva queren encher o Municipal de Cepelo, en Negreira, co maior número posible de afeccioados amarelos. O partido comezará ás 18:00 horas

Narahío e Sansa disputan a promoción de ascenso á Primeira Futgal/ Fuente Concello de San Sadurniño

CF San Sadurniño, pola súa banda, recibe no campo da área deportiva dos Currás ao CD Baio. Os de Zas ganaron o domingo pasado por 2-1 na súa casa. Este resultado complícalle o pase á escuadra laranxa, que deberá ganar e, ademais, facelo por dous goles de diferenza. Válelles un 2-0, un 3-1, un 4-2…, pero un 1-0 ou un 2-1 obrigarían a xogar prórroga -igual que o Narahío, se volve empatar- e, no caso de non haber desenlace nese período extraordinario, tamén quenda de penaltis.

O Sansa sairá ao campo decidido a dalo todo e coa vantaxe de xogar na casa, diante dunha torcida que está chamada a encher as bancadas do municipal a partir das 18:00 horas

Se ambos conseguen a vitoria, o CF San Sadurniño e a UDC Narahío obterían este domingo o seu pase á seguinte eliminatoria dos play-off de ascenso a Primeira Futgal, que nos depararía dous derbis históricos, un de ida o 14 e outro de volta o 21 de xuño, entre os dous equipos locais. Só un deles obtería praza para xogar o ano que vén na categoría superior.

 

Lea también

Endika Buján, más juventud para el ataque del Racing

M.V. Endika Buján de Rueda, el extremo vasco, es el nuevo fichaje del Racing para …