Catro clubs compiten na Gándara na XXXII edición do Torneo de Balonmán Cidade de Narón

O Pavillón da Gándara acolle este sábado 6 de xuño a XXXII edición do Torneo de Balonmán Cidade de Narón de categorías base, organizado polo Club Balonmán Narón co apoio do Padroado de Deportes do Concello de Narón.
 
 
O torneo foi presentado coa presenza da alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, e o concelleiro de Deportes, Ibán Santalla, xunto ao presidente do club, Alejandro Basoa, e os membros da directiva Alejandro Aires, María Torrente e Beatriz Cereijo. O evento contará coa participación do Club Balonmán Viveiro, o Club Balonmán Pontedeume e o Atlántico de Oleiros, ademais dos anfitriónns do Club Balonmán Narón.
 
En total, arredor de 180 xogadores do balonmán galego de base daranse cita en Narón. A competición principiará ás 10:00 horas coas categorías de Infantís e Cadetes. Pola tarde, a partir das 16:00 horas disputaranse os partidos de Benxamíns e Alevíns. Ao remate das competicións terá lugar a entrega dos trofeos e medallas aos participantes.
 
O Concello de Narón, a través do Padroado de Deportes, colabora un ano máis na organización deste torneo que, na súa XXXII edición, confirma a sólida traxectoria do club naronés no fomento do deporte base no municipio.
 

Lea también

Ferrol: el eco global de un nombre que este 11 de junio celebra su gran fiesta en Filipinas

J.L.A.-De la ría ártabra a los confines de América y Asia, el histórico topónimo naval …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *