Valdoviño entrega os diplomas dos talleres de estimulación cognitiva

O Concello de Valdoviño celebraba o venres á tardiña o fin de curso dos talleres de estimulación cognitiva para veciños maiores de 65 anos que leva a cabo tanto no local social de Meirás como no centro sociocomunitario de Valdoviño.

Neste último caso, e dada a alta demanda, en dous grupos. Así, o alcalde, Alberto González, e máis a concelleira de Servizos Sociais, Rosana García, e o edil de Infraestruturas Viarias, Germán Gómez, facían entrega dos diplomas acreditativos da actividade. Xunto a eles, Daniel Cartelle, técnico municipal encargado de guiar semanalmente as sesións, con participación de balde.

A actividade despídese, pero regresará tralo parón do verán, aló polo mes de outubro. 

Lea también

ASCM promueve en Valdoviño una jornada de cultura inclusiva

El encuentro, se celebra este sábado 17 de octubre en la Casa de la Cultura, …