Narón celebra o próximo 12 de xuño a XVIII Marcha Ciclista Escolar, unha actividade xa consolidada dentro do Programa Municipal de Educación Viaria e Mobilidade Segura, na que participará alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria dos centros educativos do municipio.

Ademais, poderán gozar da exhibición da Unidade Canina do Cuartel de Dolores, que amosará ao público o traballo dos seus cans adestrados. Desde a organización animan as familias a participar acompañando os seus fillos e fillas durante o percorrido, como veñen facendo en edicións anteriores. A súa colaboración resulta fundamental para o correcto desenvolvemento da actividade e para reforzar a seguridade do grupo.

Os adultos que acompañen tamén deben levalo: non só por protección propia, senón como exemplo para os máis novos. O departamento lembra tamén que algúns centros cubrirán entre 10 e 12 quilómetros, e pide que as familias valoren con honestidade se os seus fillos están preparados para ese esforzo. Quen acompañe debe situarse ao inicio e ao final de cada grupo escolar para manter a cohesión e garantir a seguridade de todos.
A Marcha Ciclista Escolar constitúe unha das actividades máis emblemáticas do programa municipal de Educación Viaria, promovendo hábitos de mobilidade saudables, sostibles e seguros, ao tempo que fomenta a convivencia entre o alumnado dos distintos centros educativos de Narón.
Galicia Ártabra Digital Noticias de Ferrol y la comarca de Ferrolterra.
