O pavillón municipal O Longoiro foi escenario das finais de prebenxamín, benxamín, alevín e xuvenil, ademais do Torneo Valdoviño.

Valdoviño reunía esta pasada fin de semana ós mellores xogadores do tenis de mesa nas categorías de base para disputar os campionatos galegos. Así, o pavillón municipal O Longoiro acollía dúas intensas e emocionantes xornadas de competición nas que participaron máis dun centenar de deportistas.
Tal foi o éxito da convocatoria, que a organización decidiu celebrar a maiores un torneo local para dar entrada a todas as persoas que solicitaran praza na competición. A federación e o Club de Tenis de Mesa Narón, encargado da loxística co apoio do Concello de Valdoviño, apostaban tamén por crear afición e novos seguidores para esta modalidade convocando unha xornada de portas abertas o sábado.
Disputadas as finais, aí van os resultados nas diferentes categorías:
Benxamín feminino: Sira Fernández (1º), Violetta Delgado (2º).
Benxamín masculino: Jiaming Guo Chen (1º), Anxo Castro (2º).
Xuvenil feminino: Valeria Piñón (1º), Nerea Pérez (2º).
Xuvenil masculino: Mateo Lois (1º), Pablo España (2º).
Prebenxamín masculino: Haoli Bi (1º), Anxo López (2º).
Alevín: Jiaming Guo Chen (1º), Anxo Castro (2º).
Alevín feminino: Noa Lomba (1º), Valeria Piñón (2º).
No Torneo Valdoviño:
Prebenxamín: Sergio Porto (1º) e Adriana Rey (2º). Benxamín: Diego Soto (1º) e Adai Fernández (2º). Alevín: Miguel Boedo (1º) e Manuel Montero (2º).
O concelleiro de Deportes, Sergio Saavedra, acompañado do edil de Obras, Alejandro García, participaban no acto de entrega de trofeos aos gañadores.
Galicia Ártabra Digital Noticias de Ferrol y la comarca de Ferrolterra.