A XIX concentración moteira reunirá en narón a centos de afeccionados

O evento, enmarcado nas XIV Xornadas de Turismo Activo, conta un ano máis coa colaboración do Concello de Narón a través do Padroado de Deportes e converterá a cidade en punto de encontro para centos de afeccionados ás dúas rodas procedentes de toda Galicia e doutras partes do Estado durante a fin de semana do 5, 6 e 7 de xuño de 2026.

O Paseo marítimo de Xuvia acolleu a presentación desta cita, convertida xa nun clásico do calendario naronés, coa presenza da alcaldesa, Marián Ferreiro, e o edil de Deportes, Ibán Santalla xunto a unha nutrida representación do Moto Club Fojeteiros.

A proposta dará comezo o venres 5 de xuño ás 18:00 horas co acto inaugural e a apertura de inscricións, ao que seguirá a apertura do mercadiño moteiro e cea na carpa habilitada para o evento. O peche da xornada chegará da man do concerto do grupo ASSIA e da actuación do DJ Brunokavi.

A xornada do sábado 6 de maio, a máis intensa do programa, comezará ás 09:00 horas co almorzo moteiro, seguido ás 10:00 horas da apertura de inscricións, o mercadiño e a popular Ruta mototurística libre pola comarca.

O mediodía virá acompañado do xantar na carpa e da animación da charanga Mekánika Rolling Band. Pola tarde, o Paseo de Xuvia acollerá un espectacular Spartan Bike Show — Exhibición de Trial con Víctor Palomares e co campión do mundo na categoría Junior Biketrial Ferrán Gonzalo. Trala cea na carpa, o sábado reserverá un dos momentos máis agardados de cada edición coa entrega de trofeos e o tradicional Desfile Libre dos Fachos. A noite pechará co grupo América e a sesión de DJ Juanky.

Para despedir o evento, o domingo está prevista unha última ruta turística matinal, seguida dunha sesión vermú y da comida de clausura na carpa onde se celebrará o clásico sorteo de agasallos entre as persoas participantes. Os participantes que desexen gozar da concentración completa poden facelo por 50 € (pre-inscrición ou inscrición), unha cota que inclúe a bolsa de benvida, a cea do venres, os almorzos do sábado e domingo, a comida e cea do sábado e a comida do domingo.

Tamén existe unha media inscrición por 40 €, que comprende a bolsa de benvida, a cea do sábado, o almorzo e a comida do domingo. A Bolsa de Benvida inclúe unha bolsa conmemorativa, camiseta e caña de benvida, ademais do dereito ao sorteo de regalos.

Os inscritos terán tamén acceso á zona de acampada gratuíta. As pre-inscricións poden realizarse ata o 27 de maio de 2026 (límite de 500 persoas) a través da web motoclubfojeteiros.com ou por correo electrónico a inscripcionesfojeteiros@gmail.com.

Lea también

O CIM Móbil da Xunta fai parada en Narón con tres xornadas de atención no Val, Pedroso e O Alto do Castiñeiro

O Concello de Narón informa da nova campaña de visitas do servizo CIM Móbil da …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *