Neda aproba un suplemento de crédito para sufragar unha parte da reposición da pasarela do Belelle

O Concello de Neda aprobou a modificación orzamentaria de suplemento de crédito, con cargo ao remanente líquido de tesourería, para recoller nas contas públicas en vigor, prorrogadas de exercicios anteriores, a partida destinada a sufragar parte das obras da pasarela peonil sobre o Belelle.

A medida adóptase a petición da Deputación da Coruña para formalizar dunha vez o ansiado convenio de colaboración para cofinanciar este investimento prometido.

O obxectivo non é outro que dotar de crédito as partidas orzamentarias destinadas a facer fronte a unha actuación que, está previsto, se contratará no presente exercicio. A proposta elevada a pleno polo goberno municipal permitirá avanzar na materialización desta esperada intervención.

Así, a administración local disporá de crédito suficiente (uns 60.000 euros) para, unha vez que se adxudique, asumir tanto os gastos da dirección de obra como o 20% da execución desta intervención, que cofinanciará a Deputación da Coruña. O proxecto está previsto que inclúa, ademais da restitución da ponte peonil, melloras nunha parte do paseo marítimo.

A medida prosperou por unanimidade. E goberno e oposición coincidiron na necesidade que a obra se axilice ao máximo posible, algo que, polo de agora, está nas mans da entidade provincial.

Aprobábase ademais, esta vez por maioría absoluta (abstención do PP e de Moveneda, e o voto en contra do BNG), unha modificación orzamentaria, con cargo tamén ao remanente de tesourería aboar facturas atrasadas e obras imprevistas como a de arranxo dunha avaría no transformador da EDAR.

E ligado a isto, o Pleno daba luz ademais ao Plan económico financiero 2026-2027, necesario ao aumentar os gastos inicialmente previstos no pasado exercicio por mor do episodio de falta de subministro de auga potable do pasado verán (suba importante dos prezos de EMAFESA, ou a reparación de urxencia dass canalizacións que abastecen de auga á potabilizadora dos Pazos).

Lea también

Cariño saca a licitación el servicio de limpieza de playas para el verano de 2026

El Concello de Cariño ha publicado la licitación del servicio de limpieza de playas para …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *