O concello de Fene informa que a Piscina Municipal permanece parcialmente pechada por mor dunha avaría nas instalacións. O peche manterase ata novo aviso (previsión inicial dúas semanas), mentres non se poida rematar a reparación.
Debido a esta incidencia técnica, o uso da instalación sufrirá as seguintes modificacións,
Zona de auga: pechada por completo.
Servizo e actividades dirixidas no Ximnasio e Pilates: permanece ABERTO e poderá usarse con normalidade.
Vestiarios e duchas: NON se poderán utilizar as duchas.
Actividades dirixidas de auga: quedan suspendidas, esperamos poder recuperar as clases logo da reapertura da instalación.
O concello lamenta os inconvenientes causados e agradece a comprensión e colaboración dos usuarios e informa nu comunicado que ctualmente se está a traballar para solucionar a avaría o antes posible.
Galicia Ártabra Digital Noticias de Ferrol y la comarca de Ferrolterra.
