A relación entre os RRHH e a Marca Ferrol desde a perspectiva do deporte, a análise nun libro publicado por Dykinson

A prestixiosa editorial Dykinson vén de publicar a cuarta edición do libro ‘Economía y Empresa Iberoamericana. Desafíos Actuales de la Economía, Institucións e Empresas’ no que se inclúe un capítulo titulado Recursos Humanos y Marca Ferrol: Un estudio desde la Perspectiva del Deporte que asinan o profesor da Facultade de Humanidades e Documentación, Joaquín Enríquez Díaz, a alumna do máster en Prevención en Riscos Laborais e Riscos Comúns, titulación que se imparte na Facultade de Ciencias do Traballo, Elisa María Fraga Galdo, e os profesores da Facultade de Economía e Empresa, do Campus da Coruña, José Javier Orosa González e Begoña Álvarez García.

Foto: Elisa María Fraga Galdo, na Facultade de Ciencias do Traballo do Campus Industrial de Ferrol, centro no que, a día de hoxe, estuda o máster en Prevención en Riscos Laborais e Riscos Comúns.

No curso 2024/25, a por aquel entón alumna do grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos, Elisa María Fraga Galdo, presentaba e defendía, na Facultade de Ciencias do Traballo do Campus Industrial de Ferrol, o seu Traballo Fin de Grao (TFG). Os tres docentes da Universidade da Coruña (UDC) que agora asinan con ela este capítulo dirixiron un traballo no que se analiza a relación existente entre o deporte de base, o marketing territorial e a empregabilidade dos mozos e das mozas nados na cidade departamental.

A súa hipótese de partida buscaba contrastar empiricamente como o deporte de base ou, o que é o mesmo, toda esa práctica deportiva que se realiza a nivel amateur e sen fins de competición profesional, incide na imaxe de marca da cidade de Ferrol, no sentimento de pertenza que experimentan os seus habitantes e, por último, na formación de capital humano como elemento decisivo para destacar no mercado laboral.

No caso concreto do capítulo, este céntrase na análise da metodoloxía cualitativa empregada no traballo e baseada en entrevistas directas.

Lea también

El Club Sincro Ferrol brilla en la IV Copa Promoción de Natación Artística con un oro, un bronce y un título gallego

El Club Sincro Ferrol firmó una destacada actuación en la IV Copa Promoción de Natación …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *