Participantes nos obradoiros artísticos do Espazo +60 Afundación de Ferrol expoñen as súas obras

As alumnas e alumnos dos obradoiros de pintura, debuxo e acuarela amosan nesta mostra as obra realizadas durante o ano.

O Espazo +60 Afundación de Ferrol presenta nunha mostra as obras creadas polos seus socios e socias nos obradoiros de pintura, debuxo e acuarela que nel se imparten. A exposición ofrece un percorrido por diferentes estilos, técnicas e miradas artísticas, reflexo do proceso creativo e a evolución do alumnado, no Patio Central do primeiro andar da Sede Afundación de Ferrol. A mostra, de entrada libre e gratuíta, poderase visitar ata o 22 de maio.

Esta actividade enmárcase na liña de aprendizaxe permanente que define as propostas desenvolvidas desde a Área de Maiores de Afundación, que incentiva a seguridade persoal e axuda a manterse en compromiso cun mesmo e a súa contorna. Para favorecer a adquisición de novos coñecementos ou de melloralos, dar resposta aos intereses máis variados e á inquietude por relacionarse con outras persoas con intereses afíns, Afundación propón unha ampla programación formativa en ámbitos relacionados coa arte, idiomas, saúde, educación financeira, historia, entre outros.

Lea también

A Deputación da Coruña inviste 480.000€ en 48 bolsas para impulsar a formación de investigadores e artistas

Valentín González Formoso recibiu no Pazo Provincial ás persoas beneficiarias das bolsas de investigación e …