As Pontes Ecuestre abre inscricións na súa cuarta edición

As Pontes Ecuestre regresa á contorna do Lago o próximo 6 de xuño. Será a cuarta edición do certame, que organiza o Club Hípico local Prado Ventura coa colaboración do concello pontés e da Federación Hípica Galega.

Fuente Concello de As Pontes/ foto arquivo edición anterior

Co anuncio da data oficial, o comité organizador confirmou tamén a apertura do prazo de inscrición para xinetes e amazonas no Concurso de Saltos Territorial, no Campionato Galego de Andadura e máis nas probas da II Liga Ferrol-Eume-Ortegal. Así, o trámite pode realizarse xa a través do portal web da federación https://www.fhgallega.com/inscripcion-concurso?id=2402.

Neste contexto, a organización confía en reeditar os bos rexistros do pasado ano, cando preto de 200 xinetes e amazonas chegados de toda Galicia se daban cita no entorno do Lago, cumprindo os obxectivos do certame: fomentar a actividade e os deportes ecuestres no municipio e reforzar a promoción da vila como destino turístico ligado ao deporte e á natureza.

Por último, cómpre sinalar que todas as competicións que se desenvolverán no evento terán carácter exclusivamente federado, e serán xulgadas por oficiais habilitados pola Federación Hípica Galega. Así mesmo, todos os participantes deberán estar en posesión das súas correspondentes licenzas federativas en vigor para o ano 2026.

Lea también

La Xunta adquiere las instalaciones de Einsa en As Pontes para impulsar un gran proyecto industrial

La Xunta de Galicia ha adquirido las instalaciones de la empresa Einsa en As Pontes, …