Ale de Paz conquista por quinta vez o título de “Mellor deportista do Concello de Neda”

O A xogadora de fútbol sala Ale de Paz volve proclamarse “mellor deportista de Neda” durante a XXIV Gala do Deporte da localidade, na que tamén se destacou o traballo das promesas Iago Suárez e Emma Domínguez.

O pai de Ale de Paz recibindo o galardón, xunto ao alcalde e a concelleira de Deportes/ Fuente Concello de Neda

Os galardóns dábanse a coñecer durante o transcurso dunha cerimonia pública, que contou como madriña nada menos que coa atleta internacional Esther Pedrosa.

A Casa da Cultura de Neda acollía, un ano máis, esta cita que, como subliñou o alcalde, Ángel Alvariño, busca recoñecer o esforzo e a perseveranza dos deportistas locais – “os mellores embaixadores que ten Neda”, aseguraba- e poñer en valor os seus logros durante a tempada 2024-2025.

O pai de Ale de Paz, elixida mellor deportista de Neda, xunto ás promesas/ Fuente Concello de Neda

E así, o xurado elixía este ano como “mellor deportista” á futbolista Ale de Paz González, que milita actualmente nas filas do Poio Pescamar e que, como integrante da Selección española, conseguiu o pasado ano a medalla de bronce no Mundial de Filipinas. Ademais, co seu actual equipo xogaba as semifinais da Copa de la Reina.

Os compromisos deportivos impediron á Ale de Paz recoller en persoa o trofeo. Non obstante quixo estar presente na cerimonia a través dun vídeo de agradecemento.

Promesas

No caso dos menores de idade, o título de mellor promesa feminina foi por quinta edición consecutiva para Emma Domínguez Puentes, do CBD UPA, quen co grupo Sweet UPA obtivo unha terceira e unha cuarta posición no campionato de España, foi sexta no campionato do Mundo e cuarta no campionato europeo. Pola súa banda, Iago Suárez Meitín, do Club Atletismo Narón, foi terceiro en marcha en pista e cuarto en marcha ruta no Campionato galego.

Foto de grupo dos premiados con representantes da corporación/ Fuente Concello de Neda

Máis recoñecementos

A lista de distinguidos polos seus méritos deportivos incluíu ademais a Eloy B. Villanueva Rico, en triatlón; Nesto Fernández Faraldo e Claudia Freire Mouriz, en tenis; Naomi Díaz Seoane, en judo; Adrian Rivadulla Alonso, Lucía Rivadulla Alonso, Antía Suárez Meitín, Itziar Fernández Rivas e Jonathan Fernández Ríos, en atletismo; Miguel Peña Vázquez e Iván Picallo Cabalo, en automobilismo; Minh Pita Tenreiro, en karting; Inés Santalla Castelo, en ciclismo; Noa Pico Pérez, en sincronizada; Arantza Rivas Tenreiro, Tania López Sanmartín e Nerea López Sanmartín, en natación; Antonio Rodríguez Pena, Hugo Suena Freire, Yago Alvariño Díaz, Pablo Rozados Uceira e Iago Rozados Uceira, en fútbol; Ángel Souto De Carvalho, fútbol sala e, como non, ao bboy David Amor, mellor deportista do pasado ano, en breaking.

Ademais, outorgáronse mencións especiais á SCD Roxal polo seu 50 aniversario e ao seu equipo de fútbol sala; ao Rápido Neda polo traballo a prol do fútbol base; á Garda civil de Tráfico de Ferrol “polo seu encomiable labor no control do tráfico e a seguridade viaria” no transcurso de distintas probas e, singularmente, no Memorial Adolfo Ros, e á Agrupación de voluntarios de Protección Civil pola súa colaboración en eventos deportivos locais.

O rexedor municipal e a concelleira de Deportes, Ángeles Puentes, felicitaban ao conxunto de deportistas galardoados, animándoos a seguir traballando como ata agora. Ademais, agradecían a participación como madriña da plusmarquista e múltiple campioa mundial Esther Pedrosa, á que puxeron como exemplo inspirador.

Unha deportista con máis catro décadas de traxectoria e que, con 65 anos cumpridos este martes, lonxe de pensar en colgas as zapatillas, segue sumando títulos.

Lea también

240 deportistas se dan cita en Valdoviño en la IX Volta ás Forcadas

La recogida de dorsales podrá realizarse dende las 10:00 horas en el punto habilitado junto …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *