Celebración escolar dos maios en Albarón, Neda

Máis de 300 persoas entre alumnado e profesorado do CEIP Maciñeira, do CEIP San Isidro e, nesta ocasión, tamén da escola de Semente de Trasancos participaron en Albarón na tradicional festa dos maios, organizada polo Concello.

Fuente Concello de Neda

Flores, xestas e outro verde serviron para realizar as creacións coas que a rapazada adornou os troncos das árbores da feira.

Fuente Concello de Neda

O tempo acompañou nesta cita de exaltación da natureza na que non faltou a animación musical, un singular cantaxogos e o habitual reparto de boliños preñados. A festa estendeuse, un ano máis, á escola infantil municipal que nesta xornada preparou o seu propio maio

Fuente Concello de Neda
Fuente Concello de Neda

Lea también

Valdoviño apuesta por las energías renovables en dos equipamientos deportivos municipales

El Ayuntamiento de Valdoviño ha finalizado las obras de optimización de eficiencia energética en dos …