O alcalde de Ferrol presidiu o acto conmemorativo das Letras Galegas, en Mandiá

O alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, presidiu o acto conmemorativo das Letras Galegas, que este ano homenaxean á escritora e xornalista Begoña Caamaño.

A asociación de veciños de Mandiá foi o escenario desta efeméride, onde se procedeu á lectura da semblanza da homenaxeada co acompañamento musical do grupo tradicional Agarimo de Catabois e do grupo musical As Pías.

Rey Varela enxalzou a figura de Caamaño, autora de dúas novelas –Circe ou o pracer do azul e Morgana en Esmelle– coas que “imprimiu unha pegada moi fonda na literatura galega contemporánea, pese a que nos deixou demasiado cedo”. O alcalde lembrou que Ferrol tivo un papel protagonista en Morgana en Esmelle, situando o desenvolvemento dos acontecementos nesta parroquia ferrolá, “o que demostra que Ferrol tamén pode ser escena de grandes historias universais”.

A súa carreira profesional como xornalista “comprometida coa honestidade e o rigor” tamén foi subliñada polo alcalde, quen concluíu assúas palabras neste acto poñendo o acento en que o galego “non só pertence ao pasado, senón ao presente e ao futuro, igual que o legado de Begoña Caamaño”.

O rexedor agradeceu á asociación veciñal de Mandiá a acollida veciñal deste acto, organizado pola Agrupación de asociacións de veciños do Rural.

Cómpre lembrar que no marco das Letras Galegas o Concello puxo en marcha diferentes actividades culturais, como a exposición Ferrol nas Letras Galegas-na praza de Armas ata o 28 de maio-, o concerto de Amancio Prada celebrado  no teatro Jofre, ou o recital de Lenda Ártabra no centro cultural Torrente Ballester.

Lea también

La programación cultural de Ferrol se amplía con nuevas óperas y zarzuelas de referencia, con apoyo de la Deputación

El Concello de Ferrol reforzará su programación cultural con la incorporación de tres nuevos espectáculos …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *