As Pontes adxudica as obras de mellora de viais en O Rego, O Couce e O Castro

O Concello das Pontes vén de adxudicar á empresa CANARGA S.L. a execución das obras de reparación da capa de rodadura en viarios en O Rego, O Couce e O Castro, unha actuación destinada á mellora da seguridade viaria e do estado de conservación de diferentes estradas municipais situadas no rural do municipio.

Fuente Concello de As Pontes

O proxecto conta cun investimento total de 36.130 euros, financiados con cargo á Deputación da Coruña, e permitirá actuar sobre unha superficie de 3.350,62 metros cadrados distribuídos en tres tramos de titularidade municipal.

As intervencións realizaranse concretamente en O Couce, na parroquia de San Pedro de Eume, onde se actuará sobre unha superficie de 1.075,31 metros cadrados; O Castro, en San Xoán de Seixo, con actuacións en dúas zonas de acceso a vivendas situadas ao pé da estrada principal, sobre unha superficie total de 842,71 metros cadrados e O Rego, na parroquia do Deveso, na pista que conecta o núcleo coa estrada provincial DP-7010, nun tramo de 1.432,60 metros cadrados.

As obras teñen como obxectivo principal a renovación da capa de rodadura dos viarios mediante a aplicación dunha nova capa de aglomerado bituminoso en quente de tres centímetros de espesor en toda a plataforma das estradas.

Previamente á pavimentación executarase a limpeza e perfilado das cunetas co fin de garantir un correcto drenaxe transversal e lonxitudinal do firme, evitando a acumulación de auga e contribuíndo á conservación das vías.

O proxecto tamén inclúe a reparación das zonas máis deterioradas mediante a achega de grava e tratamentos asfálticos semiprofundos para consolidar as áreas bacheadas. Ademais, no tramo de O Rego executarase unha actuación específica nunha zona afundida do firme, co obxectivo de mellorar a estabilidade e a seguridade da circulación.

A actuación completarase coa execución da sinalización horizontal necesaria, incluíndo o pintado das liñas de bordo e outros símbolos viarios recollidos na normativa de circulación.

Con esta nova intervención, o Concello das Pontes continúa avanzando no mantemento e mellora da rede viaria municipal, especialmente nos núcleos rurais, co obxectivo de reforzar a seguridade, facilitar a mobilidade da veciñanza e garantir unhas infraestruturas axeitadas e en boas condicións de uso.

Lea también

Actualización sobre el abastecimiento de agua en el Concello de Neda

Veolia, empresa concesionaria del servicio municipal de abastecimiento, sigue trabajando en alternativas para aumentar el …