Co apoio do Concello de Valdoviño alumnos do CPI Atios tomarán parte no proxecto «Aprende a través do surfing»

Co respaldo institucional, Valdoviño volverá ser un dos 10 municipios de toda Galicia onde se desenvolva este programa deportivo-educativo.

O alcalde, Alberto González, e máis do concelleiro de Deportes, Sergio Saavedra, xunto co xefe de estudos do CPI Atios, Carlos Bacelo, e do responsable de Valdo Surf School, Brais González.

O Concello de Valdoviño revalida un ano máis o seu compromiso co proxecto deportivo-educativo «Aprende a través do Surfing» que impulsa a Federación Galega de Surf e a asociación medioambiental sen ánimo de lucro Surf and Clean. Así, Valdoviño será de novo un dos dez municipios de toda Galicia no que se desenvolva o programa grazas ao apoio institucional, e onte pola mañá, a casa consistorial acollía a presentación do proxecto coa participación do alcalde, Alberto González, e máis do concelleiro de Deportes, Sergio Saavedra, xunto co xefe de estudos do CPI Atios, Carlos Bacelo, e do responsable de Valdo Surf School, Brais González.

Entre este mes e o seguinte, participarán ao redor dun centenar de nenos e nenas de 4o de Primaria e máis de 1o de Secundaria do CPI Atios. Así, tras as correspondentes sesións na aula, o proxecto trasladarase á praia -o 25 de maio e 4 de xuño-, e contará co soporte técnico da escola local Valdo Surf School.

O obxectivo prioritario desta campaña é fortalecer o vínculo afectivo e de respecto da mocidade co mar, transformando aos escolares en custodios directos dun paraíso natural de ondas e praias salvaxes. Así mesmo, o proxecto busca visibilizar a problemática global do lixo mariño e capacitar aos mozos como axentes activos de cambio para mellorar a saúde dos océanos utilizando a cultura do surf como fío condutor.

Así mesmo, representantes municipais e da comunidade educativa coincidían en destacar este ano a implicación das familias na iniciativa, colaborando no traslado dos e das menores á praia.

Lea también

Neda restablece el suministro de agua en todo el municipio, pero no descarta nuevas interrupciones si persiste la sequía

Los trabajos realizados por Veolia para aumentar la entrada de agua procedente del embalse de …