Pontedeume, ABANCA e Afundación presentan a mostra «Castelao grafista»

O acto institucional ten lugar este xoves 14 de maio, ás 11.30 horas, na Casa da Cultura de Pontedeume. Afundación homenaxea o insigne intelectual e político rianxeiro con esta mostra, incluída no seu programa «Corrente cultural», desenvolvido en colaboración con ABANCA e os distintos concellos galegos.

Afundación, ABANCA e o Concello de Pontedeume presentan este xoves 14 de maio, ás 11.30 horas, na Casa da Cultura de Pontedeume, a mostra «Castelao grafista (facsímile)».

No acto institucional estarán o alcalde do Concello de Pontedeume, Bernardo Fernández; a concelleira de Comercio, Educación e Cultura do Concello de Pontedeume, Alejandra Bellón; o coordinador institucional de ABANCA na Coruña, José Manuel Vilariño; a directora de zona de ABANCA, Begoña Caamaño; a directora da oficina de ABANCA de Pontedeume, Laura Valiño; a coordinadora da Área de Cultura de Afundación, María Teresa Cores Fernández; e a coordinadora do Espazo +60 Afundación de Pontedeume, Teresa Alonso.

Esta mostra está incluída en «Corrente cultural», un programa enfocado á promoción de actividades culturais máis alá das sedes de Afundación. Poderase visitar ata o 14 de xuño na Casa da Cultura, de martes a domingo en horario de 19.00 a 21.00 horas.

A mostra reúne facsímiles da Colección de Arte Afundación, debuxos do álbum Cousas da vida de Castelao, retratos fotográficos, caricaturas, debuxos e portadas de revistas.

Lea también

Afundación de Ferrol acoge la exposición retrospectiva de Antonio Mingote «La inteligencia del trazo»

La muestra, realizada en colaboración con la Fundación Mingote, reúne más de cien obras que …