A pista polideportiva de Lago acolle dende a Xuntanza das Asociacións 2026, unha iniciativa impulsada polas asociacións veciñais do municipio, coa colaboración do Concello e co apoio das cooperativas de Lago, Meirás e Vilaboa.
O alcalde Alberto González inauguraba a cita festiva, que arrincaba coa actuación do grupos de baile e de gaitas Álvaro Cunqueiro, subliñando a contribución das AVV ao desenvolvemento cultural e social das parroquias valdoviñesas e agradeceu o traballo das súas directivas. O prato forte, un ano máis, é multitudinario xantar popular no que participan unhas 250 persoas.


A xuntanza continuou ata a noite cunha morea de propostas culturais para todos os gustos. Maxia, teatro- coa representación de “Que che vaia ben meu canciño do palleiro”, a cargo do grupo de teatro do Centro Cultural Rosalía e música, con Nuria Boreal e grupos locais



Galicia Ártabra Digital Noticias de Ferrol y la comarca de Ferrolterra.
