“As nosas tradicións” regresa ás escolas infantís de Narón cun novo folleto dos Maios ao San Xoán

O Servizo de Normalización Lingüística (SNL) do Concello de Narón retoma este mes de maio a iniciativa “As nosas tradicións”, un programa dirixido ás familias das escolas infantís municipais co obxectivo de achegarlles as celebracións máis representativas da cultura galega e fomentar o uso da lingua desde idades temperás.

A proposta, que se desenvolve ao longo do curso, inclúe a distribución de materiais divulgativos nas escolas de Piñeiros, A Solaina e A Gándara. Tras os folletos dedicados ao outono, ao Día de Narón, ao Nadal ou ao “Febreiro bertoeiro”, neste mes entrégase o novo volume titulado “Dos maios ao San Xoán”, centrado en tres citas clave do calendario festivo galego: os Maios, o Día das Letras Galegas e o San Xoán.

O folleto recompila información, curiosidades e recursos da tradición oral —coplas, recitados e xogos— para compartir en familia, ao tempo que contextualiza estas celebracións na cultura galega e na súa vivencia específica en Narón. Entre outros contidos, inclúe referencias á festa dos Maios en Piñeiros, ao evento “N de Narón. A festa das letras” ou ás crenzas e rituais asociados á noite de San Xoán, como o cacho ou as cacharelas.

A iniciativa tamén serve para dar a coñecer o programa Apego, no que participa o Concello, orientado a reforzar a socialización en galego desde o berce mediante recursos e actividades para familias.

Ademais da súa distribución en formato físico, os materiais poden descargarse na web do SNL: https://naronengalego.gal/dinamizacion/#nosastradicions

Dos Maios ao San Xoán

Lea también

La naronesa Ruth Ortega se proclama campeona del TER European Trophy Damas 2026

El automovilismo gallego  está de enhorabuena tras el histórico triunfo cosechado por Ruth Ortega. La …