Narón conmemora o Día Mundial das Abellas cunha charla divulgativa

O Concello de Narón, en colaboración coa entidade DAGA Ferrolterra, integrada na Asociación Galega de Apicultura, organiza unha charla divulgativa con motivo do Día Mundial das Abellas, que terá lugar o próximo 23 de maio no centro cívico de Sedes ás 11:00 horas.
 
 
A actividade será impartida polo técnico apícola Rafa Díaz e está aberta a toda a cidadanía, con acceso libre e de balde. Durante a xornada abordarase a tradición apícola en Galicia, poñendo en valor o papel histórico e cultural da apicultura no territorio, así como a súa relevancia actual. A sesión completarase cunha degustación de meles monoflorais galegos e co reparto de publicacións especializadas da Asociación Galega de Apicultura, co obxectivo de achegar coñecemento práctico ás persoas asistentes e fomentar o interese por este sector.
 
O Día Mundial das Abellas celébrase cada 20 de maio desde o ano 2018, tras a súa proclamación pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas en decembro de 2017, a proposta do Goberno de Eslovenia e co apoio de organizacións internacionais do ámbito apícola. A data foi escollida coincidindo co aniversario do nacemento de Anton Janša, pioneiro da apicultura moderna.
 
Esta conmemoración ten como finalidade sensibilizar á sociedade sobre a importancia das abellas e doutros polinizadores, fundamentais para a biodiversidade e a produción de alimentos, así como promover accións que contribúan á súa protección e á conservación dos seus hábitats.

Lea también

La naronesa Ruth Ortega se proclama campeona del TER European Trophy Damas 2026

El automovilismo gallego  está de enhorabuena tras el histórico triunfo cosechado por Ruth Ortega. La …