A Deputación destina medio millón de euros para apoiar 24 grandes eventos deportivos na provincia da Coruña

O investimento apoia a celebración de campionatos do mundo, probas europeas e citas estatais en disciplinas como o surf, o automobilismo, o atletismo ou karate.

Samurai Xtreme RACE en As Pontes- Archivo

A Deputación vén de conceder, de forma provisional, medio millón de euros en axudas para impulsar a celebración de grandes eventos deportivos na provincia. Esta liña de subvencións, que beneficia a 24 entidades coruñesas, axuda a consolidar que a provincia siga presente en eventos deportivos de prestixio en múltiples disciplinas. A contía das axudas varía entre os 19.500 e os 24.500 euros.

Entre os proxectos seleccionados figuran citas consolidadas no calendario internacional, como a 39ª edición do Pantín Classic Galicia Pro, o Trial das Nacións en Arteixo ou o Campionato do Mundo de 100 quilómetros que discorrerá entre Ames e A Coruña. A axuda provincial cobre unha parte fundamental dos orzamentos destas probas, que pola súa magnitude e proxección atraen a milleiros de visitantes e xeran un forte impacto económico nos concellos onde se celebran.

O deputado de Deportes, Antonio Leira, destaca que “levamos anos traballando para que esta provincia acolla eventos de grande interese deportiva a nivel internacional”. Leira incide en que “só hai que mirar aos últimos meses para comprobar esta realidade: rallyes históricos como os de Noia ou Ferrol, o campionato de España de Salvamento e Socorrismo ou o recentemente celebrado WKF Series A de karate, que trouxo á Coruña 1.3000 participantes de 85 países de todo o mundo; son só algúns exemplos recentes deste impulso que o deporte nos dá como territorio, logrando darnos a coñecer polo noso bo facer en todo o mundo”.

Pantin / Fuente Diputación de A Coruña- Archivo

As entidades beneficiarias e os importes concedidos son os seguintes:

Asociación Cultural e Deportiva Vella Escola: Campionato de España de Breaking e Compostela Street 2026 (19.500,00 €); Club Deportivo Elemental Ecodeporte: 33 Campionato do Mundo de 100km Ames-A Coruña (21.500,00 €); Club Deportivo Equiocio: XXXV Concurso Hípico Nacional 3 Estrellas Equiocio 2026 (21.500,00 €); Club Hercules XTRM: 6ª Travesía Costa Ézaro 2026 (19.500,00 €); Club Hipico Marco das Pias: Concurso de Salto Nacional  Marco das Pías (21.500,00 €); Club Motomontañismo Arteixo: Trial das Nacións-Arteixo 2026 (21.500,00 €); Club Praia de Pantin: 39ª Campionato do Mundo de Surf Abanca Pantin Classic Galicia Pro (21.500,00 €); Club Rally Coruña: 18º Autocross de Carballo – Campionato de España (19.500,00 €); Club Rally Terra de Galicia: Rally Terra de Galicia 2026 – Campionato de España (19.500,00 €); Club Rallye Rias Altas: Rally Rías Altas Histórico 2026 (19.500,00 €); Club UTMC: VI Desafío Internacional Ecocamiño 50K (19.500,00 €); Club Victoria de Santiago de Compostela: Torneo Atlánticas de fútbol feminino (21.500,00 €); Congostra Team Sanxenxo: I Rallysprint Cerceda – Tordoia (19.500,00 €); Escudería Automovilística del Ferrol: 57 Rally de Ferrol (19.500,00 €); Escudería Berberecho: Rally de Noia (19.500,00 €); Escudería La Coruña: 10 EcoRally A Coruña (19.500,00 €); Escudería Peña Autocross Arteixo: 30 Autocross Arteixo – Campionato de España (19.500,00 €); Federación de Salvamento e Socorrismo Galicia: Campionatos de España de Salvamento e Socorrismo en Razo (21.500,00 €); Federación Española de Karate: WKF Series A – Competición Internacional (24.500,00 €); Federación Galega de Atletismo: XXXIX Gran Premio Internacional de Marcha Cantóns da Coruña (21.500,00 €); Federación Gallega de Balonmano: IV Torneo Nacional de Balonmán Provincia da Coruña (21.500,00 €); OCR Cerceda: Poseidón Race Cerceda 2026 (21.500,00 €); Samurai Sport’s Club: IX Samurai Xtreme Race Lago das Pontes (24.500,00 €); Sociedad Deportiva Rio Sar: Campionato de España de Compak-Sporting 2026 (21.500,00 €).

Lea también

La Xunta destaca La Vuelta Femenina, que discurrirá hasta el miércoles, como un «escaparate para el turismo»

El director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, ha participado este domingo en el corte …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *