A Escola de Benestar de Narón programa dúas conferencias gratuítas en maio sobre IA e dor crónica

O Concello de Narón organiza este mes de maio, a través da súa Escola de Benestar, dúas conferencias de balde abertas ao público con entrada gratuíta ata completar a capacidade.

A primeira cita terá lugar este próximo sábado 9 de maio, ás 11.00 horas, no Centro Cívico Social do Alto do Castiñeiro. Baixo o título «Intelixencia Artificial e Pensamento Crítico», o conferenciante Esteban Grandal abordará como construír unha mentalidade crítica fronte ao ruído dixital, nun contexto de crecente desinformación e sobreabundancia de contidos en liña.

A segunda conferencia está prevista para o sábado 16 de maio, tamén ás 11.00 horas, pero no Café Teatro do Pazo da Cultura de Narón. Camilo Rivas será o encargado de impartir a charla «A Dor Crónica«, na que cuestionará o propio concepto de «crónica» aplicado á dor e proporcionará ao público ferramentas para comprender e afrontar este tipo de doenzas.

A Escola de Benestar de Narón é unha iniciativa municipal que busca promover hábitos saudables mediante charlas, obradoiros e encontros con especialistas de distintos ámbitos relacionados coa saúde física e emocional. O seu obxectivo principal é fomentar estilos de vida saudables entre a veciñanza mediante formación aberta a toda a cidadanía, priorizando a información práctica e a prevención.

Lea también

A proba de ultrafondo ‘21 Leguas’ de Narón activa inscricións

A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, o concelleiro de Deportes, Ibán Santalla, e o presidente …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *