Pedroso, Narón, completa a renovación do alumeamento público con tecnoloxía 100% LED

O Concello de Narón vén de completar a substitución integral da iluminación pública en Pedroso, tras a última actuación realizada no lugar de Bazón. Con esta intervención final, toda a rede de alumeamento da parroquia queda xa adaptada a tecnoloxía LED.
 
En total substituíronse 78 lámpadas de sodio de 75 W por novos dispositivos LED de 30 W, o que supón unha redución do 40% na potencia instalada.
 
A medida tradúcese nun aforro enerxético e económico relevante, ao tempo que mellora a eficiencia do servizo municipal.
 
Máis alá da redución do consumo, as novas luminarias incorporan melloras técnicas que permiten unha iluminación máis uniforme, unha mellor reprodución das cores e unha diminución das tarefas de mantemento.
 
Ademais, contribúen a reducir a contaminación lumínica, favorecendo unha iluminación máis sostible dos espazos urbanos e rurais.
 
Esta actuación forma parte dos compromisos adquiridos polo Concello no marco do Plan de Acción polo Clima e a Enerxía Sustentable (PACES), ao que Narón está adherido.

Lea también

Aberta a inscrición en Narón na acción formativa de soldadura MIG/MAG para persoas desempregadas

O Concello de Narón iniciou o proceso de selección do alumnado para participar no certificado …