Parte de Neda a novena etapa da iniciativa “Camiño do Mar: Concello a Concello 2026”

neda- foto grupo bispo e con representantes municipales dia nai

Neda convertíase neste domingo, Día da Nai, en punto de partida da novena etapa da iniciativa “Camiño do Mar: Concello a Concello 2026”. Unha proposta destinada a promocionar a ruta xacobea que, tras percorrer a costa da Mariña, Ortegal e Ferrolterra, entronca aquí co Camiño Inglés.

Representantes municipais- o alcalde Ángel Alvariño, e as concelleiras de Turismo e de Deportes- e eclesiásticos, encabezados polo bispo de Mondoñedo Ferrol, Fernando García Cadiñanos, daban a benvida aos peregrinos e peregrinas ao albergue da localidade, punto do que partían, unha vez seladas as Compostelas rumbo a Pontedeume, tras la bendición episcopal.

 

Lea también

Un audiovisual sobre Mary Quintero, fotógrafa pioneira en Galicia, abre o programa de cinema documental de Neda

Neda estrea este venres, a partir das 20:30 horas, un ciclo municipal de cinema documental, …