A SGHN Ferrol acolle unha conferencia sobre conservación en espazos naturais

O venres 8 de maio, ás 19.30 horas a Sociedade Galega de Historia Natural acolle a conferencia «Indicadores eto-fisiolóxicos como centinelas da conservación en espazos naturais» impartida pola doutora Ana Piñeiro Moyá, especialista na etoloxía animal e no uso conxunto da etoloxía e fisioloxía da conservación, disciplinas esenciais para unha xestión eficiente de espazos protexidos.

Ao correlacionar a etoloxía (o comportamento) e as respostas endocrinas como son as variacións hormonais (hormonas de estrés, reproductoras, etc), podemos avaliar a maneira na que as alteracións ambientais afectan ás poboacións silvestres. Estas técnicas non son invasivas e facilitan a detección de alteracións poboacionais, permitindo a toma de medidas preventivas para protexer a integridade dos ecosistemas no seu conxunto.

A conferencia, organizada pola delegación de Ferrol da SGHN dentro do seu ciclo Xuntanzas Naturalistas, conta co patrocinio da Deputación da Coruña.

Ana Piñeiro Moyá estudou na USC e doutorouse pola Universidade Autónoma de Madrid, realizando o seu traballo de campo para a súa tese no Parque Natural Montes do Invernadeiro. A súa tese, titulada «Eco-etología y respuestas de estrés fisiológico en el gato montés (Felis silvestris): implicaciones para su conservación» e os proxectos nos que participou por toda España, foron baseados no estudo de comportamento de mamíferos mediante métodos non invasivos. 

Lea también

El DOG publica el nombramiento de Villares como vocal del consejo de administración de la APFSC

El Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este miércoles, día 17 de junio, el nombramiento …