O Campus Industrial de Ferrol acolle, entre os meses de xuño e xullo, o Campamento Tecnolóxico de Verán

O Campus Industrial de Ferrol acolle, entre os meses de xuño e xullo, o Campamento Tecnolóxico de Verán “Aventura STEM: Viaxe no Tempo”, dirixido á rapazada de entre 6 e 16 anos que organiza, por terceira vez, Play Code Academy en colaboración co Campus Industrial da Universidade da Coruña (UDC).  Grazas a esta iniciativa, os mozos e mozas viaxarán no tempo e, botando man da tecnoloxía actual, axudaranlle á humanidade a resolver
diferentes retos ao longo da historia.

Aprenderán a programar drons para mapear xacementos arqueolóxicos, construirán robots pintores para axudarlle a artistas moi coñecidos e coñecidas nos nosos días e desenvolverán sistemas de alerta para protexer os nosos
refuxios prehistóricos. A rapazada participante reforzará as súas habilidades en programación, robótica e ciencia traballando con ferramentas como a robótica con LEGO, Arduino, drons, Micro:Bit; Edison, Delightex ou mesmo co deseño e a impresión 3D.

Os obradoiros desenvolveranse en dúas quendas, a primeira, os días 22, 23, 25 e 26 de xuño, e a segunda, do 29 de xuño ao 3 de xullo, en horario de 09:00 horas a 14:00 horas. Existe a posibilidade de participar na modalidade
“Madrugadores e Madrugadoras”, de 08:00 horas a 09:00 horas, e de contratar un servizo de almorzo e/ou comedor.

A tarifa xeral é de 135 euros. O prezo para as persoas integrantes da comunidade universitaria ascende aos 115 euros. Play Code Academy ofrece descontos para o segundo ou terceiro neno ou nena pertencente á mesma
unidade familiar. As prazas son limitadas e cubriranse por rigorosa orde de inscrición.

Máis información enviando un correo electrónico ainfo@playcodeacademy.com ou ben chamando ao 633 232 386.
Inscricións en https://playcodeacademy.com/campus-tecnologico-udc-ferrol/

Lea también

A investigadora e profesora da UDC, Laura Castro, primeira catedrática na Área de Construcións Navais en Galicia e segunda en España

A coordinadora do grupo de investigación Materials and renewable energy for engineering, environment and sustainability …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *