A primeira edición do PlantaFest, de Camouco, Ares, superou todas as expectativas

O PlantaFest superou todas as expectativas. A iniciativa, organizada pola Agrupación Instrutiva de Caamouco, en Ares, pechou a súa primeira edición co intercambio dunhas 200 plantas e escallos. O obxectivo da xornada era fomentar o encontro veciñal para compartir experiencias arredor do mundo das plantas e a horta. Durante todo este domingo ducias e ducias de persoas achegáronse á Horta de Quinín, espazo da Agrupación onde se celebrou o PlantaFest, para participar neste intercambio de plantas, escallos e sementes. 

O momento de maior afluencia de público foi a partir das 13:00 horas ao coincidir o intercambio veciñal coa sesión vermú de balde organizada pola Agrupación.

En canto aos obradoiros paralelos que se incluíron nesta actividade, salienta a gran resposta por parte do público colgando en ambos practicamente o cartel de completo.

Á mañá celebrouse un obradoiro de macetas de gres no que participaron 18 persoas; mentres que pola tarde tivo lugar o taller de xardíns eternos, con 12 asistentes. 

A xornada incluíu tamén un espazo solidario da Asociación Española contra o Cancro en Ares. Nun posto instalado na propia Horta de Quinín, convidábase aos visitantes a levar pezas de froita a cambio de doazóns. O peto solidario da AECC, por certo, continuará no local social da Agrupación Instrutiva durante todos estes días, ata o vindeiro 10 de maio.

Para a xornada do día 10 está programada a primeira edición do «wallamouco», o primeiro mercado veciñal que organiza a Agrupación que contará con 20 postos con artigos de segunda man de todo tipo, unha zona gastro e obradoiros paralelos.

Lea también

Ortigueira acoge la IV Concentración Motera

Ortigueira acogió, un año más, la IV Concentración Motera celebrada este fin de semana por …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *