Valdoviño propón ós veciños asistir a unha Cita literaria a cegas

Dirixida ao público adulto, celebrarase o venres ás 20 horas na biblioteca.

O Concello de Valdoviño proponos unha Cita literaria a cegas este venres na biblioteca municipal. Para participar neste novo proxecto dirixido ao público adulto é preciso acudir ás 20:00 horas cun libro envolto a modo de agasallo.

Na casa da cultura ofreceranse tarxetas nas que haberá que escribir unha breve descripción da obra que cada quen leve, pero sen mencionar o título. Así, en base a ese texto os veciños e veciñas participantes no proxecto seleccionarán aquela publicación que máis concorde cos seus gustos. E todos xuntos poderán asistir a un espectáculo cultural que ata ese momento será segredo.

Xa que as prazas son limitadas, para tomar parte no proxecto é preciso reservar previamente nos teléfonos 981487666, 645305229 ou 689283249, de 10 a 14 horas e de 16 a 20 horas. A iniciativa conta co apoio do programa Ler Conta Moito para a dinamización da lectura.

Lea también

Inscricións abertas en Valdoviño no roteiro guiado ao Funil

Con prazas limitadas, debe formalizarse na casa da cultura ou 981 48 76 66. O …