Valdoviño volve facilitar prácticas non laborais ao alumnado do London Institute

Cinco estudantes de Programación en Linguaxes Estruturadas completarán 175 horas que lles darán acceso ao título académico.

Cinco estudantes do curso Programación en Linguaxes Estruturadas que imparte a academia London Institute de Ferrol iniciaron as súas prácticas non laborais na casa consistorial de Valdoviño.

O alcalde, Alberto González, recibía aos alumnos acompañado do concelleiro de Planificación, Sergio Saavedra. Xunto a eles, o docente da academia Óscar Gómez.

Deste xeito, o alumnado realizará en Valdoviño 175 horas de prácticas, que se sumarán ás 638 horas de formación teórica superada ata o momento. De completar con éxito este último paso, accederán ao correspondente título.

Así, ata o próximo 24 de xullo, a súa formación centrarase en desenvolver aplicacións web para xestionar formacións. As prácticas son posibles grazas a un convenio de colaboración entre o Concello de Valdoviño e a academia da cidade naval, e este é o segundo ano que se subscribe.

Lea también

Ortigueira mejora la escuela infantil para el inicio de curso

Los trabajos, financiados a través de un convenio de colaboración con el organismo autonómico, han …