As Pontes clausura a VIII edición do programa da Universidade Sénior da UDC

O Concello das Pontes acolleu o luns 20 de abril, na Casa Dopeso, o acto de clausura e entrega de diplomas da oitava edición do Programa de Democratización do Coñecemento, impulsado pola Universidade Sénior da Universidade da Coruña e dirixido a persoas maiores de 50 anos das Pontes e da súa comarca.

Fuente concello de As Pontes

Nesta edición, un total de 86 persoas participaron nesta iniciativa formativa, que se desenvolveu durante os meses de marzo e abril na Casa Dopeso, consolidándose como unha proposta de referencia no ámbito da formación ao longo da vida no municipio.

O programa, promovido pola Universidade Sénior —o programa universitario para maiores de 50 anos da Universidade da Coruña— está financiado pola Xunta de Galicia e contou coa colaboración do Concello das Pontes, que reafirma así o seu compromiso co acceso á educación e ao coñecemento para toda a cidadanía.

O acto contou coa presenza da directora da Universidade Sénior, Matilde García Sánchez; da adxunta á dirección, Susana Iglesias Antelo; e da concelleira de Benestar Social, Igualdade, Educación e Contratación, Tania Pardo Cabarcos, quen fixeron entrega dos diplomas ao alumnado participante.

A través desta iniciativa, o Concello das Pontes continúa a apoiar programas que fomentan o envellecemento activo, a participación social e o acceso á formación universitaria, dando continuidade a unha liña de colaboración iniciada no ano 2018 e orientada a dar resposta ás inquietudes e necesidades formativas da veciñanza.

Lea también

Agredido un sindicalista de la CIG en As Pontes durante la colocación de una pancarta

La Confederación Intersindical Galega (CIG) ha manifestado su total condena y repulsa ante la agresión …