COGAMI busca persoas con discapacidade ou incapacidade laboral para curso que iniciará en maio

Foto de archivo.- Alumnado curso afd impartido por COGAMI en Ferrol
 
O 9,74% das persoas inscritas no paro en Ferrol son persoas con discapacidade, segundo datos do SEPE. Un dato que evidencia a necesidade de seguir impulsando accións que melloren a súa empregabilidade. Dende COGAMI traballan para cambiar esta realidade a través de formación orientada ao emprego, que permite ás persoas ampliar a súa cualificación profesional e acceder a novas oportunidades laborais.
 
Neste contexto, iniciarán proximamente un curso de Actividades Administrativas na Relación co Cliente, previsto para o vindeiro mes de maio.
 
Cogami busca persoas interesadas en participar nesta acción formativa, dirixida a persoas con discapacidade ou con incapacidade laboral, que queiran mellorar o seu perfil profesional e aumentar as súas opcións de acceso ao mercado laboral.
 

Lea también

Ingresa en prisión tras ser detenido dos veces en una semana por dos robos con violencia en Ferrol

Agentes de la Comisaría de la Policía Nacional de Ferrol-Narón han detenido en dos ocasiones …