Exitoso arranque das Xornadas literarias de Neda

Concorrido arranque das XXI Xornadas literarias de Neda que, desta volta xiran ao redor da novela negra, o xénero con máis lectores da biblioteca municipal. O foro pon o foco no éxito do “Galician noir”, historias escuras nas que Galicia, coa súa paisaxe, a xente, tradicións… convértese en moito máis que o escenario dun misterio ou dun crime.

Rober Cagiao, a moderadora María Nieto, Marta Villar e Arantza Portabales

Escritoras da talla de Arantza Portabales e Marta Villar e o prolífico escritor Rober Cagiao compartiron nunha Casa das palmeiras, chea de público, reflexións sobre este xénero que triunfa entre os lectores; coincidiron na débeda literaria que teñen con Domingo Villar; reivindicaron a importancia da novela negra como novela de entretemento ao longo da entretida conversa moderada por María Nieto, tras a que houbo tempo para a sinatura de exemplares.

Exitoso arranque das Xornadas literarias de Neda
Intervención club lectura do IES Fernando Esquío

A concelleira de Cultura, Marián Bello, foi a encargada de abrir esta cita consolidada no calendario cultural de Ferrolterra que, como subliñou, converte a Neda en referente no campo das letras. Participaron ademais na sesión, facendo unha introdución á temática, as integrantes do Club de lectura do IES Fernando Esquío. Este venres 17 ás 18 horas, segunda entrega das xornadas, con máis autores de primeira liña.

A concelleira de Cultura, xunto aos participantes da conversa literaria

Lea también

Moeche prepárase para vivila VIII Feira do Gando

Con motivo da celebración da VIII Feira do Gando, que terá lugar o vindeiro 14 …