Moeche prepárase para vivila VIII Feira do Gando

Con motivo da celebración da VIII Feira do Gando, que terá lugar o vindeiro 14 de xuño no recinto feiral de San Ramón, o Concello de Moeche organiza unha nova edición do Concurso de Fotografía Feira do Gando, unha iniciativa que busca poñer en valor o rural, a gandaría e a vida vencellada á terra a través da imaxe.

O certame conta, como é habitual, con tres categorías

Foto dunha gandaría

Foto da vida no rural

Foto infancia no rural

Cada persoa participante poderá presentar unha fotografía por categoría. As imaxes deberán ser inéditas e enviarse entre o 1 e o 7 de xuño ao correo electrónico correo@moeche.gal, indicando no asunto o título da fotografía e o nome da autora ou autor.

As fotografías participantes publicaranse na páxina de Facebook do Concello de Moeche, onde o público poderá votar mediante “Gústames”. Ademais, o día da feira estarán expostas na nave do Mercado, onde tamén se habilitará unha urna para a votación presencial.

O concurso repartirá premios para a mellor fotografía de cada categoría e tamén para a imaxe máis votada polo público. A entrega de premios celebrarase o sábado 20 de xuño ás 12:00 horas no Mercado municipal.

As bases completas do concurso poden consultarse na sede electrónica sedelectronica e na páxina web

Lea también

El Museo Naval de Ferrol ultima la exposición del Premio de pintura «ALMIRANTE 2026»

El Museo Naval de Ferrol inaugurará el próximo 29 de octubre la exposición correspondiente al …