Encontro entre arquitectura e música na Igrexa de Dores, organizado polo COAG Ferrol, conmemora o Día Intl. dos Museos e Sitios

O coro de cámara AntiQvorum fará un percorrido pola música coral e polifónica, ás 20 horas, ilustrando a arquitectura que albergou o templo ao longo da historia.

Fotografía do Coro de Cámara AntiQvorum. Colexio de Arquitectos de Galicia

A Delegación de Ferrol do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) celebrará este próximo sábado 18 de abril, o Día Internacional dos Monumentos e Sitios (DIMS), cun encontro entre a arquitectura e a música, titulado «O lugar de culto como espazo de encontro das artes», no que o Coro de Cámara AntiQvorum interpretará diversas obras.

O evento, con guión e dirección do COAG Ferrol e a produción e montaxe de Iris Producións, terá lugar na recentemente restaurada Igrexa de Dores (rúa Méndez Núñez, 18) ás 20:00 horas, organizado en colaboración coa Diocese de Mondoñedo-Ferrol e o patrocinio da empresa Pimfer. O espectáculo contará con guión e dirección do COAG Ferrol e produción e montaxe de Iris Producións.

Ilustrarase, a través dun percorrido pola música coral e polifónica, a arquitectura que albergou a igrexa ao longo da historia, desde o románico ata a Ilustración. A actividade celebrará a harmonía das dúas formas de arte nun espazo que, transcendendo o seu carácter de lugar de culto, tamén constitúe un ambiente acolledor para a expresión artística. Inclúe non só a arte inherente á propia igrexa, que lle deu o seu carácter distintivo como espazo arquitectónico, senón tamén a acumulación e superposición de capas temporais que explican a evolución da arte, entendida como expresión do espírito humano.

No concerto, o coro interpretará as seguintes obras, con textos de Federico Carro Gil e José Antonio García Mato:
Media vita in morte sumus. Antífona S. VIII, Congaudeant catholici. Códice Calixtino, Santa María Strela do Día. Cantigas de Santa María. Nº 100, vos omnes Tomás Luis de Victoria (1585), Komm süsser Tod Johan Sebastian Bach (1736), Ave verum corpus Wolfgang Amadeus Mozart (1791), Sacrum convivium Luigi Molfino (2000).

O Coro de Cámara AntiQvorum é unha das poucas agrupacións corais de Galicia centradas na interpretación da música antiga, focalizando grande parte do seu repertorio no renacemento europeo. AntiQvorum xorde da inquietude dun grupo de cantoras e cantores, pertencentes a diversas agrupacións vocais, por achegarse á interpretación da música antiga. Fúndase en abril de 2017 e está formado actualmente por 16 integrantes. Aínda que os programas que aborda a agrupación baséanse na interpretación da música composta ata 1750, as e os integrantes do coro abordan noutras agrupacións corais diferentes repertorios que van desde a música tradicional ata obras de recente creación.

O coro está dirixido por José Antoni García Mato e integrado polos sopranos Ariadna Alfaraz Romero, Patricia Cupeiro López e Laura González Puente; os contraltos Tereza Čtvrtníčková, Maysa Ismail García, Andrea Picos Rodiles e Iria Quintía Romero; os tenores Daniel Leiro Castro, Raúl Sanguiao Paulo e José Antonio García Mato; baixos Oliver Acosta Vigo, Alberto Bueno Hernández e Ángel Saavedra Arozamena; e o pianista acompañante Daniel Leiro Castro.

A entrada é libre e gratuíta ata completar aforo, sendo precisa a inscrición para o control de acceso a través da seguinte http://LIGAZÓN..

Lea también

“Esta é a miña casa, onde remata o mar” 1er premio del VI concurso de fotografía “Puerto y ciudad” de Ferrol

El segundo y el tercer galardón del certamen convocado por la Autoridad Portuaria recayeron en …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *