Os principais areais da vila de Ares delimitados como zonas de baño veñen de obter esta semana a máxima clasificación en termos sanitarios, acadando o ‘Excelente’ para a tempada 2026 que outorga a Consellería de Sanidade da Xunta, o organismo autonómico encargado de establecer a calidade das augas de baño.

Así, as praias de Ares, Chanteiro, O Raso e Seselle obtiveron unha distinción que garante aos bañistas condicións sanitarias óptimas, de cara a que poidan gozar das praias partindo dos estándares de seguridade e salubridade máis altos da clasificación da Consellería. O Servizo de Control de Riscos Ambientais certifica así a súa idoneidade de cara ó verán.


Galicia Ártabra Digital Noticias de Ferrol y la comarca de Ferrolterra.