Se ultiman as primeiras propostas do VeraneAres Deportivo 2026

Tres grandes propostas serán troncais nesta oferta de deportes: os campamentos urbanos, os xogos en Cervás-Chanteiro ou Caamouco- Redes e o Xuventude Verán Activo. Tamén se detalla a información das sesións de zumba e baile latino ao aire libre e a actividade física + 60 anos. O período de inscricións mantén dúas quendas de reserva: do 9 ao 15 de xuño empadroados e o resto de persoas, do 17 ao 22 de xuño.

VeraneAres deportivo edición anterior/ Fuente Concello de Ares

Ares encara a chegada do verán coas súas primeiras propostas lúdico-deportivas, sempre da man do desfrute da natureza como un dos eixos das programacións do ‘VeraneAres Deportivo’, o conxunto de actividades deseñadas para os vindeiros meses.

A concellaría de Deportes debullou as principais cuestións desta planificación a desenvolver tanto en xullo coma agosto en tres quincenas: do 1 ao 15 de xullo (1a quenda), do 16 ao 31 de xullo (2a quenda) e do 1 ao 14 de agosto (3a quenda).

E coma noutras edicións, esta oferta compleméntase con outros eventos específicos do verán en Ares de carácter deportivo, como é o caso da Milla Urbana, a Travesía a Nado ou o campus do Celta de Vigo en Prados Vellos. Campamentos deportivos urbanos e xogos en Cervás Chanteiro ouç Caamouco-Redes

VeraneAres deportivo edición anterior/ Fuente Concello de Ares

Os campamentos deportivos urbanos para os rapaces de 6 a 12 anos promoveranse de novo como un xeito de contribuír á conciliación laboral en horarios de mañá, de luns a venres laborables, entre as 10:00 e 13:00 horas. Serán actividades centralizadas no pavillón ç municipal, a pista exterior do CPI.

As Mirandas e espazos da vila: prazas, parques, praias ou outros lugares que permitan desenvolver actividades de convivencia, solidariedade e coñecemento da contorna de proximidade. Aos campamentos se lles sumarán os xogos deportivos nas parroquias: Cervás-Chanteiro, no Centro Cultural Outeiro de Chanteiro, e en Redes-Caamouco, na Agrupación Instrutiva, para pequenos de 4 a 9 anos.

Iniciativas para adolescentes

Os adolescentes de 12 a 16 anos tamén contarán coas súas propias actividades en diferentes contornas naturais e infraestruturas públicas, aproveitando a boa climatoloxía do verán. Probar co padelsurf ou o kaiak, animarse co voleipraia, moverse con danzas urbanas ou mesmo batirse coas raquetas de pádel e tenis de mesa son as 6 propostas da área de Deportes para a rapazada.

VeraneAres deportivo edición anterior/ Fuente Concello de Ares

Inscricións telemáticas

A reserva de prazas destas tres grandes programacións comeza o martes 10 de xuño ata o día 15 no caso dos empadroados, e dende o 17 ao 22 de xuño para o resto de persoas.

As inscricións realízanse de xeito telemático, no apartado de VeraneAres Deportivo 2026, cubrindo os formularios habilitados dentro da páxina web municipal: www.concellodeares.gal.

Zumba e baile latino ao aire libre, xunto con actividade física + 60 anos Paralelamente a este proceso de inscricións, Ares terá sesións totalmente de balde de zumba e baile latino ao aire libre todo xullo e a primeira quincena de agosto.

Os martes serán para o baile latino, namentres que os xoves as clases de zumba, ambas de 20:30 a 21:30 horas.

As inscricións neste caso teñen un proceso distinto ás anteriores: serán reservas por xornada ata as 11:00 horas do día anterior á actividade, ben no 981 448 057, ben inscribíndose en persoa na Alianza Aresana.

E finalmente, tamén as persoas maiores de +60 anos terán a súa propia proposta personalizada no eido deportivo, con sesións de actividade física no pavillón todos os venres de xullo polas mañás.

Lea también

Aprobación en Cedeira das propostas dos sextos Orzamentos Participativos e das do CLIA

Alumnado do CEIP Nicolás do Río e do IES Punta Candieira defenderon diante da corporación …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *