AXF reúnese co BNG de Narón para abordar as necesidades das persoas xordas

A Asociación de Persoas Xordas de Ferrolerra (AXF), entidade de carácter comarcal, declarada de Utilidade Pública; representa á comunidade xorda desde 1972, como único recurso específico para persoas xordas na comarca de Ferrolterra, procurando a eliminación das barreiras comunicativas que dificultan o seu pleno desenvolvemento, ademais de proporcionar os servizos necesarios para lograr a maior calidade e autonomía posíbel.
 
A Asociación de Persoas Xordas de Ferrolterra mantén unha reunión co BNG de Narón e cos representantes parlamentarios Ramón Fernández e José Manuel Golpe, co obxectivo de analizar a situación actual e as principais necesidades das persoas xordas da comarca de Ferrolterra. 
 
Durante o encontro, destácase a importancia de garantir o acceso a intérpretes de lingua de signos como un dereito fundamental para asegurar a igualdade de oportunidades e a plena inclusión social dás persoas xordas. Así mesmo, trasládase a preocupación existente pola falta de recursos económicos que está a afectar ao colectivo de Ferrolterra, derivada dunha xestión inadecuada dos fondos proporcionados pola Xunta de Galicia á nosa Federación (Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia FAXPG) e dos cales as entidades afiliadas non recibimos ningunha achega económica do devandito convenio.
 
As partes coinciden na necesidade de avanzar en medidas concretas que permitan mellorar a calidade de vida das persoas xordas, garantindo recursos suficientes, unha xestión máis eficiente e o cumprimento dos seus dereitos. 
 
Con este tipo de encontros, refórzase o compromiso de seguir traballando de xeito conxunto para construír unha sociedade máis xusta, inclusiva e accesible para todas as persoas.

Lea también

A Xunta anuncia el cambio de cubiertas en el IES As Telleiras, de Narón, por más de 420.000 €

O secretario xeral técnico da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Manuel Vila, anunciou …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *