A V Olimpíada Robótica da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol reúne a máis de 140 estudantes de secundaria

Alumnado da ESO disputando unha das tres probas da Olimpíada Robótica, no Pavillón Municipal de Esteiro, en abril de 2025.

Máis de 140 estudantes de ESO de distintos puntos das provincias da Coruña e de Lugo participan, este venres 17 de abril, entre as 09:30 e as 14:00 horas, na V Olimpíada Robótica que organiza a Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF). O torneo terá lugar no Pavillón Municipal de Esteiro e o acto de entrega de premios, previsto para as 13:30 horas, no Salón de Actos Concepción Arenal do Campus Industrial de Ferrol.

O profesor da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF), Esteban Jove, coordinará o campionato. Nesta V Olimpíada Robótica participa alumnado de secundaria do IES Saturnino Montojo, do IES Ricardo Carvalho Calero e do Colexio Tirso de Molina de Ferrol, do IES As Telleiras de Narón, do IES Fin do Camiño de Fisterra, do CPR Fonteboa de Coristanco e do IES Perdouro de Burela.

O profesor da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF), Esteban Jove, coordina o campionato

Ao longo da mañá, o estudantado participante, divido en 33 equipos – 8 na Categoría Promesas (1º e 2º da ESO) e 25 na Categoría Elite (3º e 4º da ESO) – terá que superar tres retos: un segue liñas con obstáculos, a proba do
“barrendeiro” e unha competición de sumo. Entregaranse 12 premios, dous por cada un dos retos propostos e por categoría, así como outros 2 galardóns especiais a aqueles equipos que obteñan a maior puntuación global nas tres
probas, correspondendo un á Categoría Promesas e outro á Elite.

Na proba do segue liñas, o robot debe seguir unha traxectoria impresa e salvar aqueles obstáculos que se impoñan no seu camiño. No “barrendeiro”, o alumnado terá que empregar algoritmos similares aos que usan as aspiradoras
ou as máquinas de cortar o céspede e barrer todos os obxectos do taboleiro.
Por último, na competición de sumo, os equipos medirán as súas forzas nun cara a cara no que deberán expulsar ao robot contrario do taboleiro de xogo.

Lea también

El BBCA masculino firma un sólido triunfo tras el parón de Semana Santa

El Club Baloncesto Costa Ártabra regresó a la competición tras el parón de Semana Santa …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *