Noxem e Tentáculo Rock son os grupos gañadores do concurso ‘Quero Cantar’ 2026

Nun Teatro Colón da Coruña que se encheu para escoitar os grupos finalistas. Na modalidade infantil resultou gañador Tentáculo Rock, coa peza ‘Vou a cento vinte’. Na modalidade xuvenil foi gañadora a peza ‘Espertar’, de Noxem.

Gañadores Categoría xuvenil/ Fuente Diputación de A Coruña

Butacas completas no Teatro Colón da Coruña para asistir á explosión de talento musical infantil e xuvenil que pide espazo nos escenarios. Os asistentes gozaron dun excelente abano de creativas e orixinais propostas, atrás das cales están pequenos grandes artistas que a bo seguro veremos en poucos anos como algúns futuros rostros da música galega. Foi á vez unha oportunidade para ver a capacidade de nenos de ata 12 anos, na categoría infantil, e de mozas e mozos de entre 13 e 16 anos na categoría xuvenil, para crear música no noso idioma e contribuír á promoción e difusión da lingua galega.

Con gran profesionalidade malia as idades temperás, os seis grupos finalistas defenderon as súas propostas enriba das táboas, mais só dúas podían ocupar o lugar máis alto do podio en cadansúa categoría, e esas foron, segundo o sentir do xurado, as de Noxem e Tentáculo Rock, gañadoras respectivamente nas categorías infantil e xuvenil desta novena edición do Concurso de música infantil e xuvenil Quero Cantar. Un xurado que, como en cada edición, nesta gala final estivo integrado por nenos e por mozos con formación musical e do mesmo abano de idade que as bandas e solistas seleccionadas para a final.

E a decisión final foi a seguinte:

1º clasificado – Proposta gañadora na categoría infantil: Tentáculo Rock (Ames)

Canción: Vou a cento vinte

Foi na altura de 2017 e na escola unitaria A Igrexa de Ortoño, en Ames, cando se coñeceron tres dos catro integrantes do grupo: Carlos Nieto (voz, batería e piano), Leo Figueiras (guitarra) e Lois García (baixo). Como “TríoR” explotaron as súas temperás inquedanzas artísticas sorprendendo o público en canta celebración escolar puideron participar. En 2025 o proxecto transfórmase coa entrada na banda de Martiño Ramos (voz e batería), virando a Tentáculo Rock. No medio da súa formación en diversas disciplinas, atopan tempo para, cada xoves pola tarde, ensaiar e idear novas composicións orixinais.

2º clasificado: O Mar dos Sentimentos, coa peza ‘Nada pode pararme’

3º clasificado: Libres, coa peza ‘Quero brillar coma ti’

1º clasificado – Proposta gañadora na categoría xuvenil: Noxem (Vigo)

Canción: Esperta

Daquela co nome de Wildfire, foron xa finalistas na edición anterior. O grupo está formado por catro rapazas de 15 e 16 anos: Uxía García á voz, Nora Lora á guitarra, Uxía Romero na batería e Maya Sáez no teclado. O grupo formouse no IES Alexandre Boveda, no que cursan 4º da ESO. O seu estilo é rock, máis con trazos propios que tocan paus do metal, pop, punk ou grunge. Con esta canción queren reflectir o sentimento de non atoparse ben con elas mesmas por algo ou alguén que non deixa “espertar” e ser un mesmo completamente. Tamén tratan temas como “a vergoña propia, o arrepentimento ou a dor de non ser suficientes para alguén que non as aprecia”.

2º clasificado: Tha Filez, coa peza ‘Rebelión’

3º clasificado: Son da Lúa, coa peza ‘O meu mozo virtual’

A responsable da área de Cultura da Deputación da Coruña, Natividade González Rodríguez, pediu un aplauso especial para as familias e para as mestras e mestres de música, por acompañar a paixón do alumnado na expresión do seu talento musical. Subliñou o compromiso da institución cun Concurso infantil e xuvenil que acada xa a súa novena edición e salientou o valor dun certame nacido co obxectivo de promocionar e difundir o uso da lingua galega e a creatividade poética e musical. Prognosticou tamén unha magnífica próxima edición dun concurso que, xa consolidado, celebrará en 2027 o seu décimo aniversario, e convidou o público a acudir á Gala da Cultura que se celebrará a próxima semana.

Gañadores Categoría infantil/ Fuente Diputación de A Coruña

Os premios para os gañadores son os seguintes:

1º clasificado na categoría infantil:

Gravación da maqueta en estudio profesional.

Gravación dun videoclip da canción gañadora

Material musical (instrumentos, equipamento…) e/ou produtos culturais en galego (libros, discos, cine, xogos..) por valor de 1.500,00€

1º clasificado na categoría xuvenil:

Gravación da maqueta en estudio profesional.

Participación no programa formativo que se explica no anexo.

Gravación dun videoclip, ben da canción presentada ao concurso, ben da creada no programa formativo.

Material musical (instrumentos, equipamento…) e/ou produtos culturais en galego (libros, discos, cine, xogos..) por valor de 1.500,00€

2º clasificado en ambas as categorías:

Gravación da maqueta en estudio profesional

Material musical (instrumentos, equipamento…) e/ou produtos culturais en galego (libros, discos, cine, xogos..) por valor de 1.000,00€

3º clasificado en ambas as categorías:

Gravación da maqueta en estudio profesional

Material musical (instrumentos, equipamento…) e/ou produtos culturais en galego (libros, discos, cine, xogos..) por valor de 500,00€

Fuente Diputación de A Coruña

Programa formativo

O Programa formativo Quero Cantar 2026 fai parte do premio que se outorga á proposta vencedora na categoría xuvenil da mesma edición do concurso e consta dos seguintes apartados:

Titorización creativa: Titorización durante catro semanas, por parte dun ou dunha artista de recoñecida traxectoria na música galega, para o desenvolvemento dunha canción.

Residencia: Este período previo de formación e desenvolvemento da canción culminará con tres días de convivencia nun espazo determinado pola Deputación entre a persoa ou persoas que compoñan a proposta seleccionada e a persoa encargada da titorización. Asistirase a un estudio profesional para a gravación do tema.

Obradoiro “Kit de supervivencia para iniciarse no mundo da música”: Formación práctica de 6 horas de duración enfocada a aspectos básicos para o inicio dunha carreira no mundo da música como son a creación da identidade de grupo, maquetación, distribución e dereitos e aspectos a ter en conta de cara á procura dos primeiros concertos.

Máis información sobre os finalistas na categoría infantil

Tentáculo Rock (Ames)

CanciónVou a cento vinte

Foi na altura de 2017 e na escola unitaria A Igrexa de Ortoño, en Ames, cando se coñeceron tres dos catro integrantes do grupo: Carlos Nieto (voz, batería e piano), Leo Figueiras (guitarra) e Lois García (baixo). Como “TríoR” explotaron as súas temperás inquedanzas artísticas sorprendendo o público en canta celebración escolar puideron participar. En 2025 o proxecto transfórmase coa entrada na banda de Martiño Ramos (voz e batería), virando a Tentáculo Rock. No medio da súa formación en diversas disciplinas, atopan tempo para, cada xoves pola tarde, ensaiar e idear novas composicións orixinais.

O Mar dos Sentimentos (CEIP de Caión)

Canción: Nada pode pararme

Co alento do músico e docente Jose Carballido, esta escola demostrou ser unha vizosa canteira para o certame e ata case medio cento de nenos e nenas participaron no casting previo do colexio para integrar o grupo, que finalmente conta com once integrantes. A canción compúxose especialmente para o proxecto de educación emocional que desenvolve o centro educativo e na súa mensaxe, “quere animar ao alumnado a reflexionar sobre as emocións, a confianza nun mesmo e a importancia de non renderse ante as dificultades”.

Libres (CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense)

Canción: Quero brillar coma ti

Libres xa conseguira acceder á final na edición anterior. É un grupo formado por alumnado de 6º de primaria do CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense, que se xuntan na aula de música do profesor Anxo Fernández. Nesta ocasión traen a peza “Quero brillar coma ti”, na que a lingua galega convértese “nunha persoa á que botas de menos, como alguén importante que non ves tanto como che gustaría”. A través desta idea, o grupo quere transmitir cariño, alegría e tamén un pequeno toque de esperanza: a de volver atoparse, coidar e facer brillar o noso idioma.

Máis información sobre os finalistas na categoría xuvenil

Noxem (Vigo)

Canción: Esperta

Daquela co nome de Wildfire, foron xa finalistas na edición anterior. O grupo está formado por catro rapazas de 15 e 16 anos: Uxía García á voz, Nora Lora á guitarra, Uxía Romero na batería e Maya Sáez no teclado. O grupo formouse no IES Alexandre Boveda, no que cursan 4º da ESO. O seu estilo é rock, máis con trazos propios que tocan paus do metal, pop, punk ou grunge. Con esta canción queren reflectir o sentimento de non atoparse ben con elas mesmas por algo ou alguén que non deixa “espertar” e ser un mesmo completamente. Tamén tratan temas como “a vergoña propia, o arrepentimento ou a dor de non ser suficientes para alguén que non as aprecia”.

Tha Filez (Santiago de Compostela)

Canción: Rebelión

Comezaron tocando versións de clásicos e agora afondan na composición propia. Cualifican a peza proposta como grunge rock reinvindicativo “no que mostramos un anaco da actualidade que nos está tocando vivir”. “Falamos sobre o odio que moita xente usa constantemente como resposta a todo, sobre a falta de coñecemento histórico e xeral, sobre a aprobación dos medios cara a reximes xenocidas e xenófobos que están completamente en contra dos dereitos humanos… Nela, reclamamos un mundo con igualdade de condicións e dereitos, sexas migrante, muller, home, gai, musulmán, católico ou o que queira que sexas.”.

Son da Lúa (Cangas do Morrazo)

Canción: O meu mozo virtual

O grupo nace en 2025, no contexto do conservatorio de Cangas do Morrazo, onde un grupo de alumnos de 3º de Profesional: Paula Costa, Hugo Rial, Laura Alfonso e Martín Jaramillo. Como este último xa participara anteriormente no certame, xorde a idea de compoñer unha peza para esta edición. Ao longo do curso van pulindo o tema, e no segundo trimestre afondan na parte máis instrumental, sempre en equipo e en estreita colaboración.

Lea también

O ciclo cultural do PSdeG, DESDE-A-MARXE, deulles voz en Ferrol a proxectos relacionados coa ilustración e a moda

Silvia Longueira destacou que o programa que o Partido Socialista está a levar por toda …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *