Triatlón Ferrol acada dous 14º postos nas xornadas finais da liga nacional de dúatlon de 1ª división

Os campionatos de España de dúatlon por clubs e de remudas por parellas supuxeron o debut na máxima categoría do canteirán Airel Soto Meizoso.

Fuente Triatlón Ferrol

O equipo masculino do Triatlón Ferrol rematou en 14a posición nas dúas últimas xornada da liga nacional de dúatlon de primeira división celebradas esta fin de semana en Albacete.

A pesar de confirmarse o descenso de categoría, o club departamental pode celebrar a oportunidade para debutar en primeira división para cadete Ariel Soto Meizoso. A promesa da Escola Javi Gómez Noya logrou entrar en puntos no campionato de España por clubs e formou parte do equipo de remudas por parellas xunto co tamén canteirán Hugo Goiriz.

O presidente do Club Triatlón Ferrol, Cali Formoso, traslada a satisfacción da entidade polo traballo realizado por todos os integrantes do equipo e recoñece que o nivel da primeira división medrou moito nos últimos anos.

Así, calquera baixa condiciona a clasificación final pero o dirixente do conxunto ferrolán adianta a ilusión por tentar volver ascender a próxima temporada.

Lea también

«No hemos sido capaces de construir un equipo; la temporada ha sido decepcionante».(Álex Vázquez, Racing de Ferrol)

M. V. El director de fútbol del Racing, Álex Vázquez, compareció al mediodía de este miércoles, …