A contorna do albergue de peregrinos acolle a Carreira escolar de Neda

Xa hai data para a novena edición da Carreira escolar Concello de Neda. Será o sábado 13 de xuño cando o Paseo de Xuvia acolla a proposta deportiva, ideada para potenciar a práctica de atletismo, e fomentar a convivencia entre o alumnado local. A inscrición tanto para os centros educativos nedenses como para estudantes doutros municipios está xa aberta.

Foto arquivo edición anterior/ Fuente Concello de Neda

A proba disputarase a partir das 10 horas na contorna do albergue de peregrinos. E a idade dos nenos e nenas determinará tanto a adscrición a unha das cinco categorías existentes e tamén a distancia que deberán percorrer.

Así, os máis cativos competirá na categoría peques (nacidos no 2021 ou posteriores) correrán 50 metros aproximadamente; os sub-8 (nados no 2019 ou no 2020), 350 metros; os sub-10 (2017 e 2018) un total de 700 m; finalmente, os sub-12 (de 2015- 2016) e os sub-14 (de 2013-2014) correrán 1.050 metros.

Os colexios nedenses deberán facer a inscrición como equipo, tendo que enviar a relación de integrantes antes da medianoite do 8 de xuño, ao correo electrónico escolasneda@gmail.com. A través dese mesmo email e dentro do mesmo prazo poderá inscribirse a rapazada doutros colexios que queira sumarse á proba deportiva. Neste caso, terán que indicar nome e apelidos, DNI, idade, e nome centro ao que pertencen.

A totalidade dos participantes desta IX Carreira Escolar do Concello de Neda recibirán, independentemente da posición na que finalicen, medalla. Ademais, haberá trofeo para os tres primeiros clasificados masculinos e femininos de cada categoría.

Lea también

Ferrol adjudica por más de 5,1 millones de euros la gestión integral de sus instalaciones deportivas para los próximos tres años

El Concello de Ferrol ha adjudicado a la empresa Clece Facility Services S.A. el nuevo …