A Deputación da Coruña licita o subministro de 150 luminarias na contorna da batería de Monte Campelo

Trátase dun novo contrato ligado ao plan de recuperación e posta en valor das baterías militares da Costa Ártabra. A Deputación Provincial da Coruña vén de publicar na plataforma de contratación do sector público unha nova licitación ligada ao plan de recuperación e posta en valor das baterías militares da Costa Ártabra.

Fuente Concello de Valdoviño

Neste caso, saca a contratación o subministro de 150 luminarias e dos seus compoñentes asociados incluíndo, de ser o caso, soportes e sistemas de fixación, para mellorar e reforzar a iluminación pública na contorna de Monte Campelo. As empresas interesadas en facerse co contrato, cun orzamento base de licitación de 17.722,50 euros e un prazo de execución dun mes, poderán presentar as súas ofertas ata o 15 de abril.

A intervención inclúese no Plan de Sostenibilidade Turística en Destino Centro Histórico de Ferrol e Patrimonio Militar da Costa Ártabra, e financiarase con cargo aos Fondos Next Generation do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, e ao abeiro deste, hai apenas un mes a institución provincial licitaba tamén as obras de creación e sinalización do camiño ciclable entre a Batería de Campelo Baixo e a Batería de Campelo Alto, cun orzamento de 78.394,24 euros.

Lea también

Dieciocho locales en Valdoviño invitan a disfrutar de la segunda edición ‘Pasea y Tapea’

El certamen impulsado por el ayuntamiento de Valdoviño da comienzo este viernes. La segunda edición …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *