A gala final de “O Talentiño” encherá este domingo o Teatro Jofre de talento e sorpresas.

Un dos gañadores da pasada edición,

A cuarta edición do concurso “O Talentiño”, que conta co apoio do Concello de Ferrol, celebrará este Domingo día 12 a súa gran final no Teatro Jofre ás 19:00 horas, nun evento con entrada libre aberta ao público e apertura de portas prevista para as 18:30. A cita reunirá sobre o escenario aos finalistas das distintas categorías, que amosarán o seu talento nunha das convocatorias culturais máis destacadas da provincia.

A gala, tal e como sinalan dende a producción, contará con múltiples sorpresas ao longo da tarde, máis alá das actuacións dos finalistas. Entre elas, destacará a participación dos gañadores da pasada edición, que están a preparar intervencións especiais co obxectivo de converter a velada nun espectáculo único para o público asistente. “Propuxémoslles participar este ano como artistas invitados e xa non so se animaron senón que están a preparar cousas moi especiais”, comentan dende a producción.

O xurado encargado de valorar as actuacións estará composto por Lucía Pérez, Xabier Vizcaíno, Eva Faraldo e o dúo Caamaño & Ameixeiras, mentres que a presentación do evento correrá a cargo do profesor universitario e acordeonista Joaquín Enríquez.

Premios

Como novidade nesta edición outorgarase un premio a promoción da cultura e lingua galega, que consistirá nun recoñecemento especial grazas á colaboración da marca galega Animosa, que entregará un lote de produtos como agasallo. Esta firma, nada en Galicia, destaca pola creación de artigos de moda e papelería con identidade propia, nos que combina deseño, mensaxe e compromiso coa cultura e coa sociedade, converténdose nun proxecto creativo de referencia dentro do panorama galego.

Así mesmo, os gañadores de cada unha das categorías recibirán un premio de 300 euros xunto coa oportunidade de actuar no programa “Quen anda aí?” da TVG.
Ademais, todos os finalistas recibirán entradas para un parque multiaventura, así como un obsequio cedido polo Campus Industrial de Ferrol da Universidade da Coruña

Lea también

Más de 400.000 visitantes y 50 millones de euros de impacto en la Semana Santa de Ferrol

Mucho cansancio, mucha satisfacción y mucha felicidad ha dejado la resaca de la Semana Santa …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *