O ciclo teatral «Ven o Venres» trae esta semana a Valdoviño «Bravas» con Isabel Risco

A función terá lugar este venres 10 de abril, ás 20:00 horas, no auditorio.

O Concello de Valdoviño inaugura a programación cultural do mes de abril con «Bravas», unha produción teatral sobre mulleres sen medo coa xenial actriz Isabel Risco. A función terá lugar este venres 10 de abril ás 20:00 horas no auditorio da casa da cultura, con entrada libre e de balde ata completar aforo. Inclúese no ciclo municipal de teatro «Ven o Venres», e chega ao municipio no marco da Rede Cultural da Deputación Provincial da Coruña.

“Bravas» fai un repaso histórico pola nosa era, desde a época castrexa ata o século XXIII.

Unha viaxe no tempo con paradas en diversas estacións, reparando nas pequenas e grandes historias protagonizadas polas nosas mulleres. Así, Isabel Risco ponse na pel de mulleres do noso pasado, do noso presente e, tamén, do noso futuro. E todo isto pasado polo filtro, sempre aloucado, sempre cómico, sempre sorprendente desta actriz sen igual.

Isabel Risco dá un paso adiante tras o éxito de Nabiza Girl cun espectáculo que combina o humor e o teatro con grandes textos de Paula Carballeira, Clara Gayo, Roi Vidal e Xurxo Barcala.

Lea también

La Habitación Roja celebra en Ferrol sus 30 años sobre los escenarios

La banda valenciana La Habitación Roja actuará este sábado 23 de mayo en el Teatro …